Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

Populares de Pontevedra

  • Ángel Moldes: “A carta de Carmela Silva á Xunta foi un intento de xustificar o seu desinterese por Mouriscade”

    • Primeiro desfixéronse do parque de maquinaria, logo enviaron unha carta ameazando con cerrar o Centro Príncipe Felipe, aínda que despois tiveron que cambiar de opinión, e agora o seu seguinte obxectivo é intentar desfacerse da Finca Mouriscade.

     

    Pontevedra, 5 de outubro de 2017.- O voceiro provincial do PP de Pontevedra, Ángel Moldes, lamenta que a presidenta da Deputación, Carmela Silva, volva a desprezar á comarca do Deza e en especial aos seus gandeiros ao “intentar desentenderse da Finca de Mouriscade e do seu futuro”.

    Para Ángel Moldes, a carta enviada pola presidenta da institución provincial ao presidente da Xunta de Galicia, non é máis ca unha forma de intentar xustificar o voto do bipartito en contra da moción presentada polo Partido Popular na que esixían maior investimento na Finca de Mouriscade. “Primeiro rexeitan a moción e agora intentan disfrazar ese voto en contra enviando unha carta para quitarse de enriba a presión polo abandono á Finca de Mouriscade”.

    O pacto asinado por PSOE e BNG para acceder ao Goberno Provincial deixaba moi claro que un dos obxectivos do Bipartito era baleirar de competencias a Deputación e de seguir nesta liña van a conseguilo. Primeiro desfixéronse do parque de maquinaria, logo enviaron unha carta ameazando con cerrar o Centro Príncipe Felipe, aínda que despois tiveron que cambiar de opinión, e agora o seu seguinte obxectivo é intentar desfacerse da Finca Mouriscade.

    “Se non atenden aos concellos, e se desfán de todos os servizos o Bipartito terá que explicarnos a todos cales son as funcións que eles cren que debe ter a Deputación porque de continuar así só lles vai quedar a parte política”,  explica Moldes.

    “O que deixa moi claro Carmela Silva con esta carta é que para ela nin a Finca Mouriscade nin moito menos os gandeiros son prioritarios para ela, as cartas e as visitas a Lalín para non dicir nada están moi ben pero o que contan son os feitos”.

    Moldes recórdalle a Silva que “as competencias da Finca de Mouriscade son de Deputación, e ela como presidenta é a que se ten que preocupar de promovela e desenvolver proxectos de interese para a comarca”.