Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

Populares de Pontevedra

  • DAVILA DESMONTA AS MENTIRAS DO ALCALDE SOBRE O CENTRO DE SAÚDE

    • Despois de que o Goberno Municipal resolvese os problemas administrativos relacionados ca reparcelación, o procedemento continúa 
    • Agardamos a rectificación do Alcalde polos insultos e inxurias vertidas sobre este Grupo

      

    Venres, 6 de outubro de 2017. O voceiro do Partido Popular de Salceda de Caselas, Santiago Rodríguez Davila, amosa a súa incredulidade pola falta de educación e de verdade coa que o Alcalde se dirixiu ós/ás populares nos últimos días.

    “Para comprender o acontecido, é preciso recordar que non foi ata o ano 2011 cando se acordaba a cesión dos terreos á Administración Sanitaria Galega -Besada xa levaba catro anos como Alcalde-. Como o solo cedido non era urbanizable e o Concello non tiña a plena propiedade sobre o mesmo (xa que foi una ocupación directa e inscrita transitoriamente), foi preciso un proxecto de reparcelación, o cal non foi publicado no BOP por parte do Concello ata xaneiro do ano 2015”. Tras esta reparcelación, os datos rexistrais da finca mudaron como así o demostra a nota simple informativa do Rexistro da Propiedade de Tui sobre a parcela a ceder emitida á nosa petición con data 14 de Xullo de 2017: novo número de tomo (1292), libro (130), folio (127), etc. O problema xorde porqu­­e o Alcalde, no Convenio asinado coa Xunta de Galicia (Conselleiro de Sanidade), aporta a documentación sen modificar, é dicir, os datos rexistrais da finca previos á reparcelación, co número de tomo (1227), libro (125) e folla (119) do ano 2011 e non os actuais (2016). Estes datos non coinciden porque o Convenio asinábase o 29 de marzo de 2016 e o Alcalde rexistrou a reparcelación da finca o 24 de Novembro de 2016, é dicir, oito meses despois de asinar o convenio” explica Davila.

    Continúa o voceiro “por tal motivo, en marzo deste ano non se puido firmar a escritura pública ante notario, xa que o mesmo alertou da non coincidencia entre os datos rexistrais que achegou o Alcade ó convenio e os resultantes da reparcelación. Para dar solución a esta situación, o SERGAS púxose en contacto en varias ocasións co Alcalde para solicitar os documentos que acreditasen o novo certificado de Rexistro da parcela co número correxido, o seu carácter patrimonial e a confirmación de que o terreo está libre de cargas. 

    No entanto, non foi ata o día de onte cando o SERGAS anunciaba que asinara con este Concello a cesión gratuíta do terreo para a construción do Centro de Saúde, despois de que o Goberno Municipal, e cito textualmente as palabras da Xunta de Galicia “resolvera os problemas relacionados ca reparcelación””.

    “Se todo estaba correcto no 2011 como di Besada, porqué que tivo que aprobar unha reparcelación, cando dicía que non era precisa? Se todo estaba correcto porqué o SERGAS solicitou en reiteradas ocasións a documentación ó Goberno Municipal para poder facer a cesión definitivamente? Se todo estaba correcto, porqué un notario paralizou a cesión do terreo no mes de Marzo? Se todo estaba correcto, porqué se firmou a cesión no día de onte e non hai anos? Se todo estaba correcto, porqué a Xunta di claramente que se tiveron que resolver problemas administrativos relacionados ca reparcelación?

    Hai que ser manipulador e mentiroso para botarnos as culpas e acusarnos de vetar a construción do Centro de Saúde cando os membros deste Grupo non temos voz nin voto no procedemento. Nós somos os primeiros interesados porque, a diferencia del, vivimos en Salceda.  Besada, como Alcalde, é o único xestor e responsable, o único que veta propostas nos Plenos Municipais cando un tema non lle interesa (véxase Caso Auditorio, IBI…). Ante o seu fracaso na xestión, despois de máis de dez anos, non lle queda outra que buscar un enimigo político para excusarse e, como non, escolleunos a nós.

    Besada sabe que os/as salcedenses comezan a ser conscientes das súas mentiras, manipulacións e falsedades; por iso, en vez de actuar como un Alcalde serio e responsable e resaltar o importante da noticia (firma da cesión), adicouse a culpar a quen, dende sempre, defendeu a verdade e a necesidade do Centro de Saúde. A única intención de Besada é a de obter rédito político deste tema, tal e como fixo nas campañas de 2011 e 2015 e como continúa a facer na actualidade” remata Davila.