Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

Populares de Pontevedra

  • O PP seguirá traballando nun modelo educativo que sexa cada vez máis inclusivo e igualitario

    Cores Tourís, Luisa Piñeiro e o conselleiro Román Rodríguez reuníronse en Pontevedra cos representantes da comunidade educativa da provincia.

    Pontevedra, 20 de maio de 2016.- O conselleiro de Cultura e de Educación visitou esta tarde Pontevedra para reunirse con representantes da comunidade educativa de toda a provincia. No encontro, no que estivo acompañado polo secretario xeral do PP de Pontevedra, Jose Manuel Cores Tourís, e a secretaria de organización, Luisa Piñeiro, Román Rodríguez manifestou o compromiso do  PP “para seguir traballando nun modelo educativo que sexa cada vez máis inclusivo e igualitario”.

    No encontro, o conselleiro fixo unha breve retrospectiva do sistema educativo galego, para centrarse posteriormente en temas máis concretos da provincia. Estivo acompañado polo Xefe Territorial de Educación, César Pérez Ares, o que lle permitiu responder de forma máis específica ás preguntas que realizaron as nais, pais e os propios docentes durante o debate que se organizou para concluír a reunión.