Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

Populares de Pontevedra

  • O PP comeza a elaboración dun programa «participativo, realista e de goberno» para as eleccións municipais de 2019

    • Os concelleiros Rocío Cochón e Tucho Muíños, coordinadores do comité de redacción encargado plasmar as necesidades e demandas dos veciños nun proxecto «para que Poio dea un paso adiante».
    • O Comité recollerá as aportacións dos colectivos, os sectores e os veciños en asemblea e individualmente para elaborar o documento, «ninguén pode dicir que nos acordamos da xente 15 días antes das eleccións».
    • O programa do PP vai ser «o único programa feito xunto cos veciños e pensado para gobernar Poio», e ante a crecente fragmentación da esquerda a elección será «o PP ou un batiburrillo de partidos».

     

    Poio, 10 de outubro de 2017. Este martes, na sede da Seca, compareceron en rolda de prensa os concelleiros do PP de Poio Rocío Cochón e Cándido “Tucho” Muíños, nº 2 e 4 do grupo municipal, respectivamente, para anunciar o comezo dos traballos do Comité de redacción do programa electoral do partido para as eleccións municipais de 2019.

    Cochón e Muíños, que actuarán como coordinadores do equipo que confeccionará o programa, traballarán baixo a dirección do presidente local, Ángel Moldes, e coa executiva do partido, expertos e veciños, para elaborar un programa «participativo, realista, e pensado para gobernar».

    Cochón fixo unha análise da situación política actual do concello, cun goberno «esgotado e sen proxecto» e que, en definitiva, «non quere gobernar», ao non ser capaz de tomar decisións e querer quedar ben con todo o mundo. O resultado desta parálise é que «Poio non avanza desde hai 23 anos». Cochón recordou que moitos dos problemas do concello son os mesmos que hai dúas décadas, con «zonas sen saneamento, outras como Campelo con continuos cortes de auga ou luz», e unha preocupante carencia de infraestruturas e servizos que inclúen «a falta de depuradora en dúas parroquias –Raxó e Samieira- que verten ao mar directamente» e a ausencia de beirarrúas en Campelo e na PO-308, produto «das mentiras e a incapacidade do concello».

    Cochón explicou que a parálise foi a máis nos últimos anos, e que todas as promesas desta lexislatura están incumpridas: «Nestes dous anos e medio o único que fixeron foi poñerse para a foto presentando festas e aproveitando o traballo de colectivos e veciños», e nin sequera levaron o proxecto do PXOM a unha comisión de urbanismo, o que demostra que o Bipartito «máis que gobernar, pasa os  días».

    Para identificar e propoñer solucións a esta situación, o PP quere facer «o programa con máis participación veciñal», para o que se reunirá e recollerá achegas de todas as parroquias, todo o tecido asociativo e todos os sectores, tanto en conxunto como individualmente: «Asociacións, ANPAS, Comunidades de montes, agrupacións profesionais... todos teñen moito que aportar», utilizando sempre «o sentido común que nos caracteriza».

    Cochón recordou que este traballo conxunto cos veciños «non é nada novo», e que o PP de Poio «é, con moito, o partido que máis permanentemente está en contacto cos veciños», como demostran as iniciativas do PP en relación ao cemiterio, o IBI, o PXOM... ao contrario do Bipartito, que traballa con opacidade e ás costas dos poienses, «nos sempre damos a cara. Ninguén pode dicir que nos acordamos da xente 15 días antes das eleccións» .

    A continuación tomou a palabra Muíños, que recalcou outra das características do texto que presentarán ás próximas eleccións: «Grazas á participación de todos, vai ser realista e realizable. Como dicimos, non imos chegar 15 días antes das eleccións e facer castelos no aire».

    Muíños detallou que despois de recoller as achegas dos veciños, haberá unha segunda fase de presentación das distintas iniciativas a colectivos e asociacións para rematar o documento finalizado e así dar resposta ás carencias que existen e unir ós veciños nun proxecto «ilusionante». Muíños dixo que o PP quere un programa que recolla a solución a esas demandas que levan décadas sen solucionarse pero tamén unha visión de futuro que ilusione á xente de Poio no programa que, recordou, «será o único pensado para gobernar Poio».

    Esa foi a última das características do programa que destacou Muíños, «un programa para gobernar», contrastándoo con outras propostas que aspirarán, como moito, a pelexar cos demais para impoñer os seus intereses: O PP será o único partido que levará un programa para aplicar desde o minuto 1.

    Muíños vaticinou que, ante a crecente fragmentación da esquerda, en maio de 2019 os veciños terán que escoller entre «un batiburrillo de siglas e un PP que xa é o primeiro partido da corporación, cun equipo xove, preparado e con capacidade e vontade para gobernar. 

    Hoxe comeza o camiño para que a única alternativa de goberno teña, ademáis «o mellor programa para Poio»