Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

Populares de Pontevedra

  • O Partido Popular critica que a única proposta do Goberno socialista en dous meses son os festivos locais

    • Conchi Ortega sinala que “o goberno leva dous anos paralizado, sen propostas e sen solucións”.
    • Pregunta á Concelleira de Facenda por que en Pontevedra votou en contra de que a Deputación asuma a financiación que están aportando actualmente os concellos base dos GES, tal e como xa fai a Deputación de Ourense, e indo en contra dos intereses dos seus veciños.

     

    A Guarda, 11 de outubro de 2017.- O Partido Popular da Guarda critica que en dous meses, a única proposta que o Goberno Bipartito levou ao pleno foron os festivos locais para o ano próximo. A voceira local do partido, Conchi Ortega, amosa a súa sorpresa porque “a xuízo do Goberno este sexa o único tema de interese para os veciños da Guarda”. Así, pregunta si “os veciños merecen este Goberno”, e incide en que “hai problemas na Guarda moito máis urxentes que solucionar e en lugar de ofrecer respostas, o Alcalde leva dous anos paralizado, sen propostas e sen solucións”. Como exemplos, a popular refírese aos “múltiples reparos suspensivos de intervención que, engade, lles din que están xestinando mal e nin se inmutan”. 

    Conchi Ortega resalta que é o traballo do PP o que está dando contido aos plenos municipais. “Se non fora pola oposición non habería de que falar nos plenos”, engade. Na última sesión, que se celebrou este martes, o PP criticou que o Concello da Guarda continúe sen unha ordenanza para cobrar os seguros pola intervención do GES que, recordou, o seu mantemento e financiamento recibe investimento da Guarda cando dá servizo a outros concellos limítrofes que non aportan nin un só euro. “Por non facer un papel, A Guarda está perdendo cartos”, sinalou. Sobre este tema, a voceira popular preguntou á Concelleira de Facenda por que en Pontevedra votou en contra de que a Deputación asumise a financiación que están aportando actualmente os concellos base dos GES, tal e como xa fai a Deputación de Ourense, e indo en contra dos intereses dos seus veciños.

    Ademais, o PP tamén presentou unha moción para buscar unha solución aos reparos de intervención despois de que os socialistas se saltasen a orde de prelación de pagos. “Onte aprobouse co apoio da maioría, pero temos moitas dúbidas sobre que vaian a facer algo con este acordo”. Neste senso, Conchi Ortega recorda que se adoptaron moitos acordos a instancias do grupo municipal popular que finalmente non tiveron ningunha repercusión. Así, refírese á proposta do PP para cambiar o baremo a aplicar ás familias no acceso á Escola Infantil, que segue sen facerse ou a ordenanza da emerxencia social.

    TEMAS QUE PREOCUPAN AOS VECIÑOS

    O PP tratou outros moitos temas sempre relacionados ca Guarda no pleno, “temas que son os que realmente lle preocupan aos veciños, facendo unha oposición directa ao goberno da guarda e a través dos que se puxeron de manifesto non só a mala xestión do goberno, senón tamén a súa ineficacia e contradicións ante a perda de subvencións.

    Algunhas das cuestión que plantexaron os populares foron adecentar a rotonda do Vial, “chea de maleza e que é un claro reflexo da desidia e deixadez do Goberno”; ou os problemas de seguridade e salubridade na Praza de San Marcos, “onde hai moitas queixas dos veciños”. Tamén preguntaron por que os fondos da Deputación van para cidades como Vigo, para instalacións deportivas, cando na Guarda hai unha demanda urxente para construír un pavillón. “Con moito menos do que destinan a Vigo aquí teríamos solucionado un problema, e non hai que esquecer que as Deputacións están para apoiar aos pequenos e medianos concellos”.

    A maiores, tamén reclamaron melloras en rúas, marquesiñas, mobiliario urbano roto, parques infantís, luminarias, etc.