Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

Populares de Pontevedra

  • O PP de Silleda recrimina a Manuel Cuíña que non facilite a axenda do viaxe a Arxentina

    • A pesar das preguntas sobre a axenda feitas no pleno de setembro o Alcalde segue sen faciltarlla ó Partido Popular.
    • Dende o Partido Popular consideran que a duración da viaxe non esta xustificada.

      

    Silleda, 11 de outubro de 2017.- O Partido Popular de Silleda recrimina ó Alcalde Manuel Cuíña que aínda non haxa facilitado a día de hoxe a axenda de actos que ten previsto levar a cabo en Arxentina xunto cos dous concelleiros que o acompañan, a pesares de haberse comprometido a facilitala no pleno do pasado mes de setembro.

    Dende o Partido Popular de Silleda non entran a valorar a conveniencia ou proporción da delegación ca que o Concello acude a Arxentina, “Eles sabrán o que vai a facer o Concelleiro de Obras a Arxentina, ou porque non e máis interesante para as actividades que alí se desenrolan que  acuda a Concelleira de Cultura, ou cal e a necesidade de que acudan o Alcalde e dous concelleiros, pero o que non poden facer e ocultarlle ó Partido Popular e ós veciños a axenda programada para este viaxe”.

    O certo e que o resto de concellos que acudiron a Arxentina, como o de Lalín ou Vila de Cruces, fano por un período de tempo máis curto, catro ou cinco días, e dada a axenda de actos que trascendeu nos medios de comunicación, ó Partido Popular de Silleda non lle parece proporcionado realizar unha viaxe de nove días de duración como o que programou a delegación do Concello de Silleda.

    Para o Partido Popular so cabe unha explicación para a ocultación da programación do viaxe “Saben que a duración do viaxe e desproporcionada para os actos que van a celebrar na Arxentina, e en canto se lle pediron explicacións pola duración, e viron que os demáis alcaldes non ían máis de cinco días, non foron capaces de xustificarse. Quizais aínda sigan buscado xa na Arxentina cousas que facer para completala axenda, e así poder dar unha explicación a súa volta.”

    Dende o Partido Popular ademáis sinalan que as celebracións máis importantes dos actos de “Celebra Galicia” xa se levaron a cabo a semana pasada, como foi o caso do desfile de Galicia en Bos Aires, no que estaban representados todolos colectivos e no que si estivo representado por exemplo o Concello de Vila de Cruces, polo que tampouco se entenden dende as filas populares as datas escollidas pola delegación silledense para a realización da súa viaxe.

    Finalmente valoran que “Teremos que esperar a que veñan, a ver si así son capaces de explicar que foron a facer durante estes nove días, e xustifican a presenza en Arxentina de toda a representación que pagaran tódolos veciños, que o mínimo que merecen e que se lles de explicacións.”.