Silleda, 13 de outubro de 2017.- O Partido Popular de Silleda denuncia a actitude que o grupo de goberno de Silleda ven mantendo co CEIP Silleda, que non so afecta ó incumprimento das obligacións de mantemento, si non que nas últimas datas tamén ven interferindo no desenrolo das actividades programadas dende o propio centro.
As actividades que programa anualmente o CEIP Silleda para o seu alumnado con motivo da celebración do Samaín, estanse vendo dificultadas este ano pola actitude mantida dende a Concellería de Educación coa súa concelleira Pili Peón ó frente, o que pon en grave risco a celebración este ano da exposición de cabazas realizadas polo alumnado, e que se viña celebrando tódolos anos tal como aparece recollido na programación anual do centro.
Dende a Concellería veñense poñendo atrancos a cesión da aula na que se desenvolven as actividades do Servizo Lúdico Educativo e que se encontra no propio centro, a pesar de que esta aula xa foi utilizada nestes últimos anos ó ser a única axeitada ca que dispón o centro para esta exposición, e todo elo a pesar de que existe un acordo entre o propio centro e a responsable do servizo Lúdico Educativo, polo que a prestación deste servizo non se vería afectado coa cesión da aula.
Dente o Partido Popular consideran que “É lamentable e unha mostra máis de cómo actúa este goberno, co seu Alcalde Manuel Cuíña a cabeza, poñendo atrancos a celebración dunha actividade planificada polo centro cando en nada se ven perxudicados os intereses do Concello, xa que tanto a responsable da prestación do Servizo Lúdico Educativo, como o centro e os propios pais usuarios do servizo, están de acordo en que se facilite a celebración de esta actividade programada polo CEIP mediante a cesión da aula en cuestión”.
Sinalan ademáis que non é éste o único atranco que dende o grupo de goberno se ven poñendo ó CEIP Silleda nas últimas datas, así o Partido Popular de Silleda xa denunciou con motivo do inicio do curso escolar as carencias do centro por mor da falta de mantemento que lle corresponde levar a cabo ó Concello. Esta falta de mantemento repercute no día a día dos alumnos, algo que consideran totalmente inadmisible, o que sumado a actitude da Concellería interferindo incluso na celebración da programación anual prevista polo centro supón a gota que colma o vaso.
Dende o Partido Popular animan ós pais dos alumnos a que reclamen a través da ANPA e dos seus representantes no consello escolar, un trato adecuado e responsable para os seus fillos por parte do Concello, e manifestan que “Dende o Partido Popular de Silleda non vamos a deixar que os rapaces sufran as consecuencias dunha nefasta xestión que repercute directamente na súa actividade diaria, polo que chegaremos a donde faga falla para que os alumnos dos CEIP do noso Concello teñan unhas condicións adecuadas nos seus centros, que é o menos que o seu Concello debe facer por eles.”.
Os Populares salientan que as actividades e condicións nas que desenrolan os nenos a súa xornada lectiva non poden depender dos caprichos dunha persoa, e solicítanlle ó Alcalde que tome cartas no asunto para que os rapaces do CEIP Silleda podan celebrar a súa tradicional exposición de cabazas de Samaín, xa que esta é unha das actividades que máis disfrutan os alumnos.