Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

Populares de Pontevedra

  • O Goberno de Lores volve a ser incapaz de sacar adiante o novo contrato de Servizo de Axuda no Fogar

     Os cambios levados a cabo por Lores no seu goberno seguen sen dar froitos seis meses despois,

    • “O vindeiro mércores 18 de outubro vence a última prórroga asinada en contra da vontade da empresa que dende 2011 vén prestando este servizo”.
    •  “A falta de xestión do BNG de Lores volve precipitar unha nova prórroga, a terceira”.

     

    Pontevedra 13, outubro, 2017.- O Goberno de Lores volve a ser incapaz de sacar adiante un novo contrato en tempo e forma. Nesta ocasión, trátase do contrato para o Servizo de Axuda no Fogar, cuxa última prórroga vence o vindeiro mércores 18 de outubro, “sen que o BNG de Lores teña os deberes feitos a tempo”, destacou este venres a concelleira popular, María José Rodríguez.

    Foi en abril deste mesmo ano cando o Goberno do BNG prorrogou este contrato en contra da vontade da propia empresa que presta o servizo dende o ano 2011. “Seis meses despois, a falta de xestión do Goberno de Lores volve a precipitar unha nova prórroga, que será xa a terceira”, apuntou a edil popular.

    O contrato do Servizo de Axuda no Fogar non estivo exento de polémica, xa no ano 2013, o Grupo Popular denunciou pagos indebidos á empresa por servizos non prestados e o pago dun I.V.E. superior ao que correspondía.

    Para a formación que encabeza Jacobo Moreira, “esta situación non supón ningunha sorpresa” pois dende “hai moitos meses vimos denunciando unha absoluta falta de xestión por parte do Goberno de Lores”. “De nada serviu que Lores remodelase as funcións dos seus concelleiros, pois o caos segue patente no Concello de Pontevedra”, lembran, “se a banda de música non funciona, por moito que lles cambies os instrumentos aos músicos, seguirá sen funcionar e así o estamos a comprobar. Pasaron xa seis meses, dende que o Alcalde viuse obrigado a modificar as funcións dos seus concelleiros porque o Concello estaba paralizado, seis meses despois seguimos igual”, sentenciou.