Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

Populares de Pontevedra

  • O PP insiste en solicitar á Deputación a relación de concellos que presentaron proxecto ao miniplan provincial

    • Ángel Moldes recorda que hai practicamente un mes que rematou o prazo para anotarse e que os populares pediron a información que aínda non recibiron.

     

    Pontevedra, 13 de outubro de 2017.- O grupo provincial do Partido Popular insiste en solicitar á Deputación de Pontevedra unha relación de todos os concellos que presentaron proxecto ao miniplan provincial para os municipios de menos de 20 mil habitantes. “Parécenos que non lle estamos pedindo nada excepcional, simplemente unha relación de concellos e proxectos, pero xa hai practicamente un mes que rematou o prazo para anotarse, xusto o mesmo tempo que pasou desde que pedimos a información, e aínda non recibimos nada”, critica.

    Moldes cuestiona cal é o problema para non facilitar eses datos ao PP, e recorda que precisamente no último pleno os partidos da oposición votaron a favor de unha moción do PP para pedir ao Goberno de Carmela Silva máis transparencia. “Ela, como fai sempre, prefire dar a calada por resposta e ignorar as peticións da oposición. Acaso están evitando facer públicos todos os proxectos da provincia que necesitan investimento e ata o de agora non atoparon respaldo neste Bipartito, ou son tantos os proxectos que van evidenciar que este é un miniplan que non chega a dar resposta ás necesidades dos concellos?”.

    O voceiro do PP lamenta que este plan “o xestionaron mal e foron improvisando desde o principio”. Así, recorda que “fixeron a convocatoria no mes de agosto, en plenas vacacións da maior parte dos técnicos dos concellos,  e deron un mes para presentar proxectos, pero desde Deputación non sabían aclarar aos alcaldes que preguntaban que tipo de proxectos se podían incluír, algo realmente estraño. Despois intentaron aprobar, cando xa o prazo para presentar proxectos estaba rematado, unha modificación substancial das bases que finalmente Carmela Silva anulou no último momento, antes da votación en pleno para evitar o recurso que tiña anunciado o PP”.

    Polo tanto, sinala Ángel Moldes, “non sabemos si agora este retraso intencionado para facilitar os datos corresponde a algunha nova improvisación coa xestión do plan ou simplemente é un problema da falta de transparencia desta nova Deputación”.