Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

Populares de Pontevedra

  • O PP de Poio esixe a Luciano Sobral que non apoie a proposta de “superar o marco institucional e declarar a República Galega” do BNG «como alcalde de Poio»

    • Piden que non volva cometer o mesmo erro que cando asinou o manifesto a favor do referendo ilegal do 1 de outubro, usando o seu cargo institucional «contra o sentir da xente» e recorda que «se debe aos veciños» e non ao nacionalismo.

     

    Poio, 13 de outubro de 2017. Despois da presentación polo BNG, co galo do debate do Estado da Autonomía no parlamento de Galicia, dunha proposta de “superar o marco institucional” e ir cara “unha república galega”, o PP de Poio pediu a Luciano Sobral que «non se lle ocorra» prestar o seu respaldo a esa iniciativa «en calidade de alcalde de Poio».

    O voceiro popular Ángel Moldes advertiu ao rexedor nacionalista que non volva caer no mesmo erro de volver usar a representación de todos os poienses para apoiar unha iniciativa que vai «contra o sentir da inmensa maioría dos veciños». Moldes recordou a «profunda vergoña» que sentiron moitos poienses cando Sobral asinou un manifesto respaldando o referendo ilegal que intentou celebrar o goberno autonómico catalán, e esixíulle que «non teña outra vez a tentación de apoiar, como alcalde, iniciativas que fomentan a división e o confrontamento entre cidadáns e se sitúan fóra da lei».

    Moldes indicou que, desde o PP «respectamos a liberdade de cada un de defender ou propoñer calquera idea a título individual», pero pregoulle que non utilice o cargo institucional que ostenta para apoiar iniciativas que non comparte en absoluto a xente de Poio, e que ó facelo, traizoa a confianza dos veciños e deixa de representalos dignamente: «Cando un alcalde ataca a lexitimidade do marco legal, estase deslexitimando tamén a si mesmo», explicou.

    «Respectamos o cargo institucional do alcalde, por eso lle pedimos que el tamen o respecte», rematou Moldes, que esixiu a Sobral que se preocupe polas demandas e necesidades dos veciños, en lugar de poñer a alcaldía a disposición da súa ideoloxía e o seu partido: «Recorde que, como alcalde, non se debe ao BNG, á señora Pontón ou ao señor Lores, senón aos veciños de Poio».