Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

Populares de Pontevedra

  • A reestruturación do partido e a campaña electoral centran o traballo dos coordinadores comarcais do PP

    Mos, 20 de maio de 2016.- O PP de Pontevedra aposta por reestruturar ou reforzar o partido en todas as agrupacións locais do Partido Popular que así o precisen antes da celebración das eleccións autonómicas.

    O número 2 dos populares na provincia, explicou que o PP é a primeira forza política da provincia que conta ademais co maior número de afiliados, polo que non podemos afrontar dúas citas electorais importantes cos agrupacións febles ou sen unha dirección clara.

    Así o explicou o secretario xeral do PP de Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, na reunión mantida esta mañá en Mos cos 11 coordinadores comarcais do partido e na que participou ademais a vicepresidenta e alcaldesa do municipio, Nidia Arévalo e a coordinadora de Organización, Luisa Piñeiro.

    A renovación e reorganización do partido, que comezou coa celebración dos congresos provinciais e autonómico continúa na provincia a nivel local, coa constitución de novas xestoras que dirixirán as agrupacións locais ata a celebración de congresos. Aínda que algún se celebrará entre as dúas citas electorais deste ano, a maioría celebraranse despois das eleccións autonómicas.   

    Na reunión de hoxe, que os populares celebran de forma itinerante por todas as comarcas da provincia, acordaron as próximas reunións abertas con afiliados que se van celebrar nos próximos días: Tui, Nigrán ou Vilagarcía.

    COMITÉ DE CAMPAÑA

    Esta mañá tamén se reuniu o comité de campaña do PP de Pontevedra coas persoas que forman parte da candidatura da provincia ao Congreso e ao Senado para as eleccións xerais do 26 de xuño, co obxectivo de coordinar e organizar todo o calendario do partido de cara aos próximos comicios.