Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

Populares de Pontevedra

  • O PP pide un plan de revitalización do Mercado de Estribela en lugar do seu derribo

     O proxecto atópase en fase de licitación ata o 22 de novembro, razón pola que os populares presentan esta moción pola vía de urxencia,

    • O PP pide que en lugar de derribar o mercado, se potencie a súa función dinamizadora e xeradora de emprego.
    • Lembran que “o Consello Parroquial amosou o seu rexeitamento unánime ante o proxecto presentado polo BNG de Lores”.
    • Desafortunadas declaracións de Lores. “Onte era momento de  amosar altura de miras e estar unidos contra o verdadeiro inimigo: os incendiarios”.

     

    Pontevedra 17, outubro, 2017.- Ante o rexeitamento que veñen amosando diferentes colectivos e representantes veciñais de Estribela sobre o proxecto de reforma do antigo edificio do Mercado, a formación que encabeza Jacobo Moreira solicita ao BNG de Lores que renuncie a súa tramitación.

    Nestes intres, o proxecto atópase en fase de licitación que rematará o vindeiro 22 de novembro, razón pola que os populares presentarán esta moción pola vía de urxencia no vindeiro Pleno Municipal. “Esta é a última oportunidade para que o Goberno de Lores recapacite, se sente cos veciños de Estribela e definan xuntos os futuros usos deste espazo”, apuntou o concelleiro popular, César Abal, este martes en rolda de prensa.

    “O mercado de Estribela é transmisor da esencia mariñeira desta parroquia, e son moitos os veciños que queren seguir manténdoo, incluso nos consta que hai varias persoas interesadas en adquirir un dos seus postos”, avanzou o edil popular, “durante anos, o BNG de Lores deixou morrer este mercado, sen oferta pública sobre os postos; agora os nacionalistas contan cunha boa ocasión para revitalizalo”, engadiu. Para iso, os populares propoñen que o mercado se abra á praza e se aproveite a súa localización no corazón de Estribela, “o edificio precisa unha reforma, en iso estamos de acordo, pero sen eliminar o mercado, apostando pola súa función dinamizadora e xeradora de emprego”, sinalou.

    Xa en marzo deste mesmo ano o Grupo Popular puxo esta asunto sobre a mesa. “Tras o rexeitamento unánime do Consello Parroquial ao proxecto presentado polo BNG, entendíamos que o Goberno daría marcha atrás e modificaría a súa proposta”, asegurou Abal, “pero todo o contrario, seguiron adiante en contra das opinións do veciños”, lamentou.

    O silencio de Marea.

    O concelleiro popular lamentou tamén o silencio que vén mantendo sobre este asunto Marea – Podemos, “no seu acordo cos nacionalistas para poder sacar adiante o Orzamento municipal do 2017 se contemplaban 150.000 euros para o centro cívico de Lourizán. Nos consta que o BNG xa descartou esta proposta”, desvelou César Abal, “se incumpre o seu acordo, e seguen calados”, lamentou.

    Desafortunadas declaracións de Lores.

    Os populares consideran desafortunadas as declaracións realizadas onte polo Alcalde Pontevedra, “con múltiples incendios forestais aínda activos, era o momento de demostrar altura de miras e estar unidos contra o verdadeiro inimigo que son os incendiarios”, sinalaron. “As declaración de Lores non só foron desafortunadas se non que revelouse que tamén eran falsas. Lores mentiu e confundiuse de inimigo atacando ao 112”, sentenciaron.