Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

Populares de Pontevedra

  • Alberto Pazos sobre Carmela Silva: “a Deputación vaina perder pero pola súa nefasta xestión non pola moción de Tui”

    • Recórdalle que quen decide o gañador das eleccións municipais non son os partidos políticos, son os cidadáns

     

    Pontevedra, 12 de outubro de 2017.- O deputado autonómico, Alberto Pazos, recoméndalle á presidenta da Deputación tranquilidade tralas declaracións realizadas esta mañá por Carmela Silva “na que se percibe moi nerviosa, pero debe ter a total seguridade de que vai abandonar a Deputación de Pontevedra pola decisión que van tomar os pontevedreses despois da sua nefasta xestión e que non pode agochar detrás dunha moción de censura totalmente lexitima”. 

    “Nin o PP nin o PSOE van decidir quen vai gañar as eleccións municipais de 2019, quen o decide son os cidadáns, así que se preocupe dunha vez por todas, que xa leva máis de dous anos, pola xestión da Deputación que é o que valoran os votantes”. 

    Pazos recórdalle a Silva que a moción de censura en Tui foi totalmente democrática e lexítima e recoméndalle que se preocupe máis polos pactos de perdedores que ten o PSOE asinados en moitos concellos desta provincia nos que o único que importou no seu momento foi impedir que gobernara o PP e que agora teñen aos veciños desatendidos.

    Nesta liña explicou que “entendemos o seu enfado porque non é de gusto para ningún partido perder un goberno, pero quizais debería aprender algo do seu compañeiro de partido, o ata hoxe alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, que sabía desde o minuto 1 que esta situación se podía producir e o aceptou como unha ferramenta democrática máis.

    O deputado do PP pídelle ademais que non perda nunca o respecto institucional e que non utilice a Deputación como plataforma política do PSOE, porque a Deputación que preside débese a todos os veciños da provincia, non está ao servizo de un partido político. “Que non se esqueza e non se confunda”.