Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

Populares de Pontevedra

  • A falta de xestión do BNG de Lores deixa sen prestación o Servizo de Axuda no Fogar

     Este mércores finalizou a última prórroga deste contrato sen que o Goberno de Lores fixese os deberes en tempo e forma, co risco de que non se poida prestar o servizo mañá,

    • Os populares lamentan que o Goberno de Lores xogue cun asunto tan sensible como é a axuda á dependencia.
    • Clece notificou as traballadoras a extinción do seu contrato de traballo con efectos o día de hoxe. A subrogación producirase á nova empresa adxudicataria, resultando que neste momento non hai ningunha empresa contratada.
    • O goberno anunciou o pasado venres que acordara aprobar a licitación do novo contrato, pero non figura a licitación no perfil do contratante.
    • O PP suxire, como solución de emerxencia, a contratación urxente dunha nova empresa que se faga cargo transitoriamente do servizo.

     

    Pontevedra 17, outubro, 2017.- A formación que encabeza Jacobo Moreira esixe ao Goberno de Lores explicacións tras quedar dende hoxe sen prestación o Servizo de Axuda no Fogar.

    Este mércores, 18 de outubro, vence a prórroga do contrato asinado polo Concello de Pontevedra e tal e como avanzaban os populares o pasado venres, “o BNG non ten os deberes feitos en tempo e forma”. “Un exemplo máis da parálise, a descoordinación e a falta de xestión do Goberno do BNG”, lamentou esta mañá a concelleira popular, María José Rodríguez, en rolda de prensa. “Os cambios que Lores realizou no seu Goberno o pasado mes de abril seguen sen ter resultados. A pesar de contar cun concelleiro dedicado á coordinación de contratos, de novo o BNG é incapaz de licitar un contrato a tempo. As Piscinas de Campolongo, o Servizo de Recollida de Lixo ou o Servizo de Abastecemento de auga son outros exemplos”, engadiu.

    Os populares esixen ao BNG de Lores unha explicación e unha solución urxente ante a incerteza existente pois “descoñecemos que vai pasar mañá cos usuarios e tampouco sabemos que ocorrerá coas traballadoras que nos últimos tempos veñen prestando este servizo”, sinalou Rodríguez Teso, quen lembrou que esta mesma mañá “seguen sen ser públicos os pregos do novo contrato que tan apresuradamente anunciou Raimundo González o pasado venres, tras a denuncia realizada polo Grupo Popular”.

    Os populares lembran que o contrato para o Servizo de Axuda no Fogar  foi prorrogado o pasado mes de abril a pesar de que a propia empresa xa amosara, a través dun escrito remitido ao Concello, o seu rexeitamento a seguir prestando este servizo. Ademais, durante este anos, este contrato tampouco estivo exento de polémica, “no 2013, denunciamos pagos indebidos á empresa por servizos non prestados e tamén desvelabamos o pago dun I.V.E. superior ao que correspondía”, apuntou a concelleira popular.

    “Non se pode tolerar que o Goberno do BNG este a xogar con un asunto tan sensible como é a asistencia a persoas dependentes, esta mesma tarde, a partir das 18h.  deixará de estar operativo o teléfono de emerxencia, polo que cumpre que, dunha vez por todas, os nacionalistas asuman responsabilidades”, destacou María José Rodríguez.

    O grupo que encabeza Jacobo Moreira considera que, para evitar deixar sen servizo aos usuarios do SAF a partir de mañá, o goberno debería contratar de urxencia unha nova empresa que se faga cargo do servizo mentres non se adxudique o novo contrato.