Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

Populares de Pontevedra

  • O PP pide á Deputación que non se autodescarte nas axudas polos lumes e que se sume ao resto de administracións

    • Ángel Moldes critica as “mentiras” de Carmela Silva sobre Alfonso Rueda, e lamenta a súa “obsesión enfermiza” co presidente do PP provincial.
    • “Ela desaparece cada vez que hai un problema, xa o fixo coas inundacións e agora se desmarca cos incendios, por iso desde o grupo provincial pedimos a Rueda que non malgaste o tempo en discutir e que se centre en axudar aos concellos e aos veciños afectados”, sinala.

     

    Pontevedra, 18 de outubro de 2017.- O grupo provincial do Partido Popular lamenta que a Deputación de Pontevedra xa se estea autodescartando para axudar a paliar os danos ocasionados polos lumes na provincia, e por iso presentarán unha emenda á moción socialista. O voceiro do grupo, Ángel Moldes, sinala que están completamente de acordo con que tanto o Estado como a Xunta deben aprobar axudas, algo que por outra parte xa anunciaron desde os seus gobernos, pero lamenta que na moción que presentou Carmela Silva pareza que a Deputación vai deixar sen ningún tipo de apoio a concellos e veciños.

    “Todas as administracións están amosando a súa vontade de colaborar. Non só as que teñen as competencias, tamén os concellos, que van facer esforzos que están por riba da súa capa cidade para facilitar que os veciños volvan á normalidade coa maior brevidade de tempo. Pero parece que Carmela Silva con esta moción xa lles está dicindo que se teñen que esquecer do apoio da Deputación de Pontevedra”, critica Moldes. O voceiro insiste en que a colaboración da institución provincial non pode reducirse, despois de todos estes días, a visitas e fotos cos líderes do PSOE, máis cando a principal tarefa da Deputación é axudar aos concellos pequenos e medianos da provincia. “Se non os axuda nunha situación como esta, cando o vai facer?”.

    Por iso, o voceiro popular pide a Carmela Silva que aclare que colaboración poden esperar os concellos e veciños da Deputación de Pontevedra, ou si a súa aportación nesta crise vai ser “facer de hooligan” do PSOE e esa “obsesión enfermiza” que ten co vicepresidente da Xunta e presidente do PP de Pontevedra, Alfonso Rueda. Nesta liña, engade que “xa está ben de mentiras e manipulacións, porque ninguén culpou aos alcaldes do lume, ao contrario, en todo momento se lle recoñeceu o seu traballo e o difícil papel que teñen por diante”.

    Con todo, Moldes sinala que desde o grupo provincial do PP pediron a ao seu presidente provincial “que non malgaste o tempo en discutir con Carmela Silva, e que centre todos os seus esforzos en xestionar e colaborar cos concellos e cos veciños afectados”. Ademais, recorda, “ela sempre desaparece cada vez que hai un problema, xa o fixo coas inundacións o ano pasado e agora xa se desmarca de axudar cos lumes”.