Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

Populares de Pontevedra

  • Moldes: “Carmela Silva abandona aos concellos afectados polos incendios e a súa única medida é a confrontación”

    • Recordou que a Deputación de Pontevedra colaborou en 2006 coas axudas do PAC
    • Desde o PP esperan que o bipartito reflexione e comece a axudar aos concellos afectados “porque se non sae deles nin fan caso ao PP van ser os propios alcaldes os que llo van esixir”.

     

    Pontevedra, 19 de octubre de 2017.- O voceiro provincial do PP de Pontevedra, Ángel Moldes, lamenta que a primeira e única medida que se espera da Deputación de Pontevedra sexa pedir axuda para paliar os danos dos incendios ás demais administracións e saír como unha “hooligan do PSOE” a arremeter contra o presidente do PP de Pontevedra, Alfonso Rueda.

    “Mentres os montes aínda estaban ardendo o PSOE presentaba en Deputación unha moción para  pedir a implicación e axudas das demais administracións e autodescartando a súa colaboración, cando se supón que é a administración que máis preto ten que estar dos concellos”, explica Moldes. 

    Nesta liña espera que o equipo de Goberno de Deputación reflexione o máis rápido posible e comecen a buscar vías de financiamento destas axudas, porque se non sae deles, nin fan caso ao que lles propoñemos desde o PP, os propios alcaldes lle van esixir que a Deputación de unha vez por todas se poña ao lado dos concellos.

    Subliñou ademais que a Deputación de Pontevedra colaborou en 2006 cos concellos afectados a través do PAC dando axudas ás comunidades veciñas, de montes e de augas. “Carmela Silva colle da hemeroteca o que lle convén e o das axudas da Deputación en 2006 parece que non lle interesa”.

    “Hoxe mesmo hai veciños sen auga pero a presidenta da Deputación mira para outro lado. Por suposto que a Xunta e o Goberno central teñen que axudar aos damnificados pero  a administración máis próxima aos concellos non pode saír só a criticar sen aportar nin propoñer absolutamente nada”.

    O deputado popular considera que “cando hai unha desgracia todos os gobernos teñen que contribuír, buscar solucións e axudas aos afectados”.

    Moldes recordou que a mesma actitude que está tomando agora o goberno bipartito foi a mesma que tivo coas inundacións. “Moito esixir á Xunta pero desde a Deputación non houbo liña de axudas”.

    Desculpouse ademais por entrar no debate político dos incendios “porque os partidos políticos temos que estar para dar solucións pero non podemos consentir que a presidenta da Deputación por riba de non querer axudar aos concellos saia mentindo”.

    CRÍTICAS A ALFONSO RUEDA

    Nesta liña explicou que “entre as mentiras de Carmela Silva está dicir que ela chamou a todos os alcaldes da provincia, cando sabemos que é mentira porque nin chamou ao alcalde da Cañiza, nin á alcaldesa de Mos, á de Oia ou ao de Meis, e atreverse a dicir que foi Alfonso Rueda o que non estivo en contacto cos alcaldes, cando a realidade é que estivo con moitos deles pois desde primeira hora da mañá do domingo ata a madrugada do luns estivo percorrendo algunhas zonas máis afectadas polos lumes”.   

    Moldes considera que Carmela Silva se equivoca cando utiliza a Deputación como unha plataforma de crítica a todos os gobernos do Partido Popular. “Unha obsesión enfermiza con Rueda que lle impide actuar con tranquilidade e estar centrada no importante que é buscar solucións e intentar que os veciños afectados poidan vivir con normalidade canto antes”.

    Se o que quere é promocionarse no seu partido e equipararse co presidente provincial do PP xa tivo unha oportunidade pero en todo caso o ten que facer é buscar o apoio dos afiliados do PSOE, “algo que parece que non ten”.