Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

Populares de Pontevedra

  • O PP de Poio denuncia o estado dos lombos de Campelo días despois da súa instalación

    • A concelleira Rocío Cochón preguntará na comisión de Urbanismo do próximo martes polo deterioro destes resaltos.

     

    Poio, 19 de outubro de 2017. O PP trasladará as denuncias dos veciños polo polo grave deterioro dos lombos recén instalados na estrada provincial de Campelo.

    A concelleira Rocío Cochón pedirá explicacións na comisión municipal de urbanismo do próximo martes á vista do mal estado destes resaltos só uns días despois da súa colocación. Cochón preguntará se se coñecen os motivos do que os veciños chaman xa unha “chapuza”, se se puxo en coñecemento da Deputación, titular da estrada e, sobre todo, que se vai facer ao respecto.

    Cochón explicou que o PP non critica que se poñan lombos, pero se se poñen onde a estrada está en moi malas condicións, e aínda por riba, nuns días xa están nun estado lamentable, «algo se está a facer mal».

    Os populares denunciaran a principios desta semana a instalacións destes resaltos en zonas con fochancas e pavimento moi deteriorado; algo que fai desconfiar ó PP de que tal vez estes lombos sexan “a única medida que ten pensado tomar o concello”, tras anos de mentiras e incumprimentos de Sobral.

    Cochón insistiu en que «Campelo non necesita chapuzas, senón un plan integral con beirarrúas, pavimentación e humanización da contorna, e todas as actuacións que sexan necesarias», e recordou que «se ese plan non vai para adiante, se non hai beirarrúas en Campelo é por culpa do concello».