Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

Populares de Pontevedra

  • O PP de Poio revela que a parcela proposta polo Bipartito para a ampliación de Anafáns non tiña bastante edificabilidade

    • A concelleira Rocío Cochón explica o motivo real da non ampliación de Anafáns: a edificabilidade do terreo que propuxo o concello non era suficiente para o convenio que eles mesmos asinaron coa Xunta: «O Bipartito deuse conta un ano despois?»
    • Cochón pide ao alcalde e ao goberno que deixen de tomar aos veciños de Poio por parvos e insiste en que deben contestar que pasará con Combarro e Raxó e onde se faría o novo centro de saúde.
    • Denuncia a ineficacia dos responsables de Urbanismo do Concello pese ao seu custo: «Nunca houbo tanta xente cobrando tanto para cometer tantos erros».

     

    Poio, 21 de outubro de 2017. A concelleira do PP de Poio Rocío Cochón explicou hoxe que o motivo real para que o concello dese marcha atrás á ampliación do Centro de Saúde de Anafáns un ano despois de asinar o convenio, e comece a plantexar a construcción dun ambulatorio novo que substituiría aos actuais é que a parcela que propuxo o propio concello á Xunta non ten edificabilidade dabondo para levar a cabo esa ampliación.

    Cochón pediu ao alcalde e ao concelleiro de urbanismo que «Deixen de tomar aos veciños por parvos» e non intenten vender unha realidade paralela. «De repente, máis dun ano despois de asinar o convenio coa Xunta paralizan todo e queren convencer aos veciños de que o fixeron todo ben», lamentou Cochón.

    A concelleira popular insistiu nas preguntas que realizará na comisión de urbanismo do próximo martes: «Cal é o motivo real da paralización da ampliación; onde se construiría o novo ambulatorio; e que vai pasar co centro de Saúde de Anafans, Raxó e Combarro?», ainda que asegurou coñecer a resposta á primeira: «A falta de edificabilidade na parcela que eles mesmos propuxeron no convenio e da que se deron conta un ano despois de asinar».

    Para Cochón, esto demostra que o Bipartito de Poio é un goberno «esgotado e improvisado», que carece da mínima planificación: «Van a salto de mata, non planifican ningún asunto, nin en educación, nin en servizos, pero o urbanismo é especialmente sangrante».

    Cochón exemplificou este modelo fracasado do Bipartito «nas voltas  que dan co vial alternativo á PO308, que se é un corredor, que se non saben dicir que é, e non son quen de amosar un PXOM ou un proxecto aos veciños».

    Cochón recordou que o concello ten «un alcalde con dedicación exclusiva, un concelleiro con dedicación exclusiva e un asesor cobrando máis de 2.000 euros ao mes, e son incapaces de facer nada ben en materia urbanística. O erro coa edificabilidade da parcela, noutro concello, esixiría dimisións», e concluiu que «nunca houbo tanta xente cobrando tanto para cometer tantos erros».

    Por último, Cochón dixo estar moi sorprendida polo comentario do concelleiro de urbanismo este venres sobre os lumes, cando dixo que as preguntas do PP pola frustrada ampliación de Anafáns serían «para tapar os incendios da pasada fin de semana». Cochón indicou que o PP de Poio alégrase de que a vaga de terrorismo incendiario non chegase a Poio, e dixo estar convencida de que esa declaración foi un erro desafortunado de Agís para distraer a atención sobre o grave erro do seu departamento: «Queremos pensar que non están tristes de que non houbera lumes en Poio para facer política, pero nós falamos de problemas e demandas actuais que teñen os veciños de Poio».