Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

Populares de Pontevedra

  • O PP de Pontevedra lamenta a falta de rumbo do BNG de Lores coa implantación da compostaxe

    • A formación que encabeza Jacobo Moreira esixe ao Goberno de Lores unha explicación ante o atraso de máis de 7 meses no subministro de unidades modulares.
    • “O BNG está a facer moitos experimentos coa compostaxe a fin de contas se sae mal, non o pagarán eles, o pagarán todos os pontevedreses”.

     

    Pontevedra 21, outubro, 2017.- A formación que encabeza Jacobo Moreira lamentou este sábado “a falta de rumbo do BNG de Lores coa implantación da compostaxe en Pontevedra”.

    Así, lembran que o subministro das unidades modulares foi un concurso aberto que finalizou o pasado mes de marzo, “pero a descoordinación do Goberno do BNG propiciou un atraso de máis de sete meses sobre o prazo previsto: esqueceron que para a súa instalación era preciso unha obra civil previa”, puntualizou hoxe o concelleiro popular, “dende entón, as mostras das unidades modulares estiveron almacenadas á espera de que se atopase unha solución aos erros cometidos”.

    “Non existe outro precedente en ningún concurso aberto deste Concello sen que tivese mediado ningún erro nos pregos”, sinalou Abal . Por este motivo, os populares esixen ao Goberno de BNG unha explicación, “non queremos respostas evasivas, é preciso que o Goberno de Lores asuma responsabilidades, máxime cando están a xogar cos cartos de todos os veciños de Pontevedra”, engadiu o edil popular.

    “O BNG de Lores está a facer moitos experimentos coa compostaxe, a fin de contas se isto sae mal, non pasa nada porque non o pagará nin Lores nin o seu Goberno, o pagarán todos os veciños de Pontevedra”, manifestou César Abal quen esixiu “seriedade” en todo este asunto