Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

Populares de Pontevedra

  • O PP recorda a Carmela Silva que a lei tamén establece claramente que tanto a Xunta como as Deputacións prestarán asistencia aos concellos

    • Ángel Moldes propón que “antes de ir á reunión da Xunta, se documente e repase ben cales son as competencias da Deputación, porque parece que non as ten nada claras”.
    • “A día de hoxe ninguén ten claro, despois de todas as postas en escena, de si os veciños e os alcaldes contan co apoio da Deputación ou si a única aportación que vai facer o Goberno de Carmela Silva en toda esta crise é criticar á Xunta”.

     

    Pontevedra, 23 de outubro de 2017.- O voceiro do grupo provincial do Partido Popular, Ángel Moldes, suxire á presidenta da Deputación, Carmela Silva, que repase ben os seus apuntes e lea a Lei de Emerxencias de Galicia, na que se establece claramente que tanto a Xunta como as Deputacións deben prestar asistencia aos concellos.

    “Parece que Carmela Silva ten memoria selectiva ou máis ben interesada, pero a lei é clara para todos, tamén sobre a responsabilidade que ten a Deputación na asistencia aos concellos”, sinala Moldes. O popular refírese ao artigo 38:3, onde se recolle textualmente que “as administracións públicas colaborarán, de forma recíproca, nas tarefas de restauración, rehabilitación e retorno á normalidade. A Xunta de Galicia e as deputacións provinciais prestarán asistencia aos concellos e entidades locais supramunicipais que teñan asumidas as competencias de protección civil e xestión de emerxencias para a elaboración e execución de plans de recuperación, para o que poderán asinar convenios de colaboración. Adoptaranse as medidas orzamentarias precisas para realizar as actuacións de restauración, rehabilitación e retorno á normalidade”.  

    Por iso, sinala o voceiro, “tampouco estaría mal que antes de ir á reunión da Xunta, Carmela Silva se documente e repase ben cales son as competencias da Deputación, porque parece que non as ten nada claras despois de dous anos gobernando”. Ademais, critica o popular que o Goberno provincial xa comezou a autodescartarse na colaboración cos concellos desde o primeiro momento, cando aínda se estaban apagando os lumes.

    “A día de hoxe ninguén ten claro, despois de todas as postas en escena, de si os veciños e os alcaldes contan co apoio da Deputación de Pontevedra ou si a única aportación que vai facer o Goberno de Carmela Silva en toda esta crise é criticar á Xunta”.

    Nesta liña, Moldes considera que “si en lugar de criticar e confrontar a presidenta se dedicase a escoitar máis o que lle teñen que dicir os veciños e alcaldes da provincia, daríase conta de que é fundamental recuperar o PAC, que en 2006 algúns colectivos solicitaron integramente para a reposición de traídas de augas afectadas”.