Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

Populares de Pontevedra

  • O PP de Vigo busca o apoio da Deputación á candidatura de Illas Cíes-Illas Atlánticas como Patrimonio da Humanidade

    • Elena Muñoz sinala que é o momento de que toda a provincia se sume á candidatura, e confía en que a corporación provincial “sexa sensible a esta demanda, porque nunca estivemos tan preto de conseguilo”.

     

    Vigo, 23 de outubro de 2017.- O grupo provincial do Partido Popular proporá este venres, no pleno da Deputación de Pontevedra, que toda a corporación provincial apoie a candidatura Illas Cíes-Parque Nacional Illas Atlánticas sexa declarada Patrimonio da Humanidade.

    Así o anunciaron esta mañá na sede do Parque Nacional de Vigo a presidenta local do PP de Vigo e deputada provincial, Elena Muñoz, acompañada do voceiro do grupo, Ángel Moldes, e do tamén deputado, Jose Manuel Figueroa. Elena Muñoz destacou que “é fundamental que este proxecto, tal e como dixemos desde o principio, teña o máximo consenso posible e por iso proporemos a todos os deputados provinciais que o apoien”.

    Por iso confían en que o Goberno provincial sexa “sensible a esta demanda e aprobemos entre todos, como no podería ser doutro xeito, apoiar a candidatura para que as Illas Cíes e o resto do Parque Illas Atlánticas sexan declaradas Patrimonio da Humanidade o antes posible, porque nunca estivemos tan preto de conseguilo”.

    Elena Muñoz insistiu en que este proxecto foi presentado á Xunta de Galicia seguindo o canal establecido e, sobre todo, foi avalado, traballado e validado por técnicos das administracións autonómica e estatal. Ademais, a deputada provincial recordou que “en todo este proceso se conseguiu que, de forma totalmente excepcional como así o recoñeceu o Estado, unha candidatura sexa incluída na lista indicativa para ser Patrimonio da Humanidade á primeira”.  Por iso, os populares aproveitaron para poñer en valor todo o traballo que se realizou na candidatura. “Formar parte desta lista indicativa é un paso previo imprescindible”, engadiu, e salientou que “agora é o momento de estar todos unidos para defender esa candidatura, ten que ser de consenso porque así tamén lle dará máis forza para recibir esa avaliación”.

    “Agora toca que toda a provincia tamén respalde a candidatura, e que menos que a Deputación de Pontevedra, como representante de todos os pontevedreses, dea o seu apoio. Cremos que a única candidatura que temos na provincia e en Vigo para que as Illas Cíes e o Parque Nacional sexan declaradas Patrimonio da Humanidade é a que xa está presentada e aprobada”, engadiu.

    Asemade, animou ao Goberno de Vigo a sumarse tamén. “Xa perdeu cinco anos facendo nada, e esperamos que non siga nesa fuxida cara adiante na que se instalou presentando comisións que neste momento non van conseguir nada, salvo que sexa para reunir esas conclusión e integralas na candidatura”. De ser así, sinala Muñoz, “esperemos que o digan pronto, porque ese traballo solitario non vai chegar a ningún sitio. Non se pode aceptar unha candidatura cando xa hai outra integrada na lista indicativa co conxunto das Illas Atlánticas”.