Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

Populares de Pontevedra

  • O Partido Popular de Pontevedra marca a estratexia de campaña

    •  O comité de campaña reuniuse coas persoas que forman parte da candidatura ao Congreso e ao Senado na provincia para coordinar e organizar o calendario electoral.
    • “Explicamos desde o primeiro momento o que faríamos se as persoas nos dan a súa confianza, e non temos que estar dicindo a que renunciaríamos nin con que teríamos que falar para sacar de diante aos que gañan, como pasou nestes catro meses”, sinalou Alfonso Rueda.

    Pontevedra, 21 de maio de 2016.- O comité de campaña do Partido Popular de Pontevedra reuniuse hoxe coas persoas que conforman a candidatura do partido na provincia ás eleccións xerais do 26 de xuño, co obxectivo de coordinar e organizar todo o calendario do partido de cara aos próximos comicios. O presidente do PP de Pontevedra, Alfonso Rueda, sinalou que “os cidadáns coñecen as nosas propostas, saben o que ofrecemos e como traballamos, pero no que temos que incidir que o Partido  Popular foi coherente desde o primeiro momento”.

    Di que son “perfectamente conscientes” de que é unha repetición de eleccións, pero que nestes catro meses pasaron moitas cousas, polo que o PP vai a volver a incidir o que queren facer para gobernar, “explicamos desde o primeiro momento o que faríamos se as persoas nos dan a súa confianza, e non temos que estar dicindo a que renunciaríamos nin con que teríamos que falar para sacar de diante aos que gañan, como pasou nestes catro meses”.

    Na reunión desta mañá, os populares marcaron os principais eixes da campaña que comeza en menos de tres semanas, e para as que o PP de Pontevedra “ten a maquinaria perfectamente engraxada”, valorou o presidente provincial. Alfonso Rueda explicou que o PP vai facer unha campaña moi pegada á rúa, de estar moito tempo fóra, de ver a moitos colectivos e de estar con representantes de toda a sociedade. “O estamos facendo xa, pero de maneira moito máis intensa agora cos nosos candidatos. Todo aquel que nos queira escoitar, en todas partes onde poidamos dar a nosa mensaxe, alí vai estar un candidato ou candidata do PP explicando por que nos presentamos ás eleccións co obxectivo de gañar”.

    A número 1 ao congreso, Ana Pastor, destacou que apostan por facer “unha campaña en positivo”. Di que “gobernamos durante catro anos e traballamos duramente para que hoxe España, Galicia e Pontevedra teñan hoxe moitas máis oportunidades”. Nesta liña, destacou que o obxectivo do PP é que “nos próximos anos haxa 20 millóns de españois traballando”. E entende que a clave da política é “xerar recursos para poder das bos servizos públicos, boa sanidade, boa educación e que os nosos maiores teñan garantidas as súas pensións”.