Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

Populares de Pontevedra

  • O PP valora os investimentos de carácter social e servizos municipais que a Xunta destinará á comarca da Louriña

     

    O Porriño, 23 de outubro de 2017.- De aprobarse os Orzamentos autonómicos de 2018, os concellos da comarca da Louriña recibirán máis de 2 millóns de euros da Xunta de Galicia que se destinarán fundamentalmente a investimentos de carácter social e servizos municipais básicos, como os 425.000 euros para saneamento no Porriño ou 460.000 euros en Mos. O centro tecnolóxico do granito de Porriño tamén recibirá 100.000 euros e Mos 552.000 euros para a nova Escola infantil. Pola súa parte, ao concello de Salceda de Caselas destinaranse 525.000 euros para o centro de saúde.

    Esas son as partidas nominais específicas que recibirán os concellos da Louriña ás que lle hai que sumar os que proveñan de partidas xerais, que farán que estes investimentos se multipliquen de maneira importante durante o ano, así como os 940.000 euros destinados ao Plan de sendas na contorna da área metropolitana de Vigo ou a importante partida destinada ao transporte. Así o explicaron os deputados autonómicos do Partido Popular, Alberto Pazos, Marián García Míguez e Moisés Rodríguez acompañados pola alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e os voceiros do Porriño e Salceda de Caselas, Alejandro Lorenzo e Santiago Rodríguez Davila que valoraron de xeito positivo os Orzamentos da Xunta de Galicia para o vindeiro 2018 na comarca.  

    “Estes orzamentos dan resposta ás necesidades dos concellos e  destínanse a vellas demandas como o centro de saúde de Salceda de Caselas”, explicou Alberto Pazos.

    O deputado popular destacou ademais que “Galicia é a única autonomía que aprobará os orzamentos en tempo e forma, grazas á estabilidade institucional coa que contamos en Galicia”, explicou.

    Pola súa parte, a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, destacou que é a Xunta de Galicia a única administración que lle tende sempre a man os concellos, “tanto cando hai inundacións, como cando se trata de incendios a Xunta sempre está aí mentres outras administracións, como a Deputación, só nos dan escusas”.

    Arévalo valorou tamén que os Orzamentos Autonómicos se aproben en tempo, para que cada concello poidamos organizarnos e rematar de elaborar os nosos propios presupostos”.

    “Non hai que equecerse tampouco das convocatorias que a Xunta fai ao longo do ano e onde cada concello ten que facer os deberes, para presentar os seus proxectos e poder competir cos demais, aí é onde se ven os concellos que traballan e os que non traballan”, sinalou a alcaldesa de Mos.

    Na mesma liña se expresou o voceiro Alejandro Lorenzo, que pediu ao Goberno local que faga os deberes e traballe á hora de pedir subvencións, como fan os demais concellos, e para que as partidas destinadas ao Porriño melloren, e que como no caso de Salceda de Caselas, o centro de saúde, poida estar contemplado.  Valorou ademais a partida destinada ao saneamento na parroquia de Budiño, unha das necesidades do noso concello e moi reclamada.