Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

Populares de Pontevedra

  • O PP denuncia que o Bipartito da Deputación está abusando das asistencias técnicas para suplantar o traballo dos funcionarios

    • Ángel Moldes critica que “están contratando asistencias técnicas para facer informes que tiñan que ser elaborados polos funcionarios e para presionar o seu traballo”.
    • “A Deputación está cada vez máis privatizada e baleira de contido, pero o peor de todo é que non o fan para unha labor constructiva, senón para paralizar proxectos que xa estaban en marcha”.
    • No pleno tamén presentarán unha emenda á moción dos lumes para que a Deputación aclare “si, como o Estado o a Xunta, vai colaborar cos concellos da provincia ou os vai deixar tirados”.

     

    Pontevedra, 25 de outubro de 2017.- O grupo provincial do Partido Popular denunciou esta mañá que o Bipartito da Deputación está abusando da contratación de asistencias técnicas privadas para suuplantar o traballo dos funcionarios. Por iso, o voceiro popular, Ángel Moldes, acompañado pola deputada provincial, Belén Cachafeiro, anunciou que no pleno provincial deste venres pedirán ao Goberno de Carmela Silva que limite e restrinxa o uso de contratos administrativos e asistencias técnicas aos casos legalmente previstos e, en consencuencia, devolva o protagonismo ao traballo do persoal funcionario da institución provincial.

    “Estanse contratando asistencias técnicas para facer informes que tiñan que ser elaborados polos funcionarios, multiplicándose o gasto e reducíndose a fiscalización do goberno, e se están contratando asistencias técnicas para presionar o traballo que están facendo os funcionarios”, criticou o voceiro popular.

    Nesta liña, apuntou que desde a chegada do Bipartito se ampliou considerablemente o número de persoal técnico de diferentes servizos, ata o punto de que, por primeira vez, tiveron que recorrer ao aluguer de oficinas externas pola falta de espazo no Pazo Provincial e no Edificio Administrativo, pero paradoxicamente este aumento non responde a unha  maior actividade. Ademais, engadiu, de forma paralela o Bipartito tamén aumentou os contratos administrativos de consultaría, asistencia e servizos, de xeito que están contratando con empresas e profesionais externos a elaboración de informes, proxectos e pregos de prescricións técnicas que noutro tempo eran realizados polos propios funcionarios da Deputación. 

    “Sempre criticaron ao PP por privatizar e agora, con datos obxectivos extraídos da propia web provincial, demostramos que a Deputación está cada vez máis privatizada e baleira de contido, pero o peor de todo é que non o fan para unha labor constructiva, senón que están contratando asistencias técnicas para facer informes a medida para paralizar obras que xa deixou contratadas o Goberno do PP”.

    Os populares puxeron como exemplos as cifras dos últimos dous anos. Así, sinalaron que en 2015, último ano do Goberno do PP, o volume de contratación da Deputación foron 40 millóns de euros e o número de asistencias técnicas contratadas foron 60, que se utilizaron para a posta en marcha de proxectos e obras, mentres que en 2016, o volume de contratación reduciuse a 15 millóns de euros e, sorprendentemente, aínda que se reduxo á metade con respecto ao ano anterior, o número de asistencias técnicas mantívose en 54 e destináronse para paralizar as obras que estaban en marcha. Como exemplos, Moldes sinalou que “para o proxecto da estrada Baión-András, en Vilanova de Arousa, se contratou unha asistencia técnica para facer informes a medida cos que paralizar o proxecto; estrada Xesteira-Almofrei, en Cotobade, xa coa obra licitada se contratou unha asistencia técnica para facer un informe a medida co que xustificar e paralizar o proxecto; e o mesmo que ocorrou na estrada de Rebón, Moraña, e noutras tantas”.

    Ademais, o popular referiuse tamén ao malestar que esta situación está xerando nos traballadores da institución provincial, porque ven que non se conta coa súa participación, prescinden deles e desprazan en beneficio de empresas privadas. “Nós non dicimos que non hai que ter asistencias técnicas, o que criticamos é o exceso e, sobre todo, o trato que se lles está dando aos funcionarios, que están sen carga de traballo”, engadiu.

    Por iso, piden á presidenta Carmela Silva que deixe de lado, de unha vez por todas, as confrontacións. “Ten confrontacións con todas as administracións, cos concellos, con colectivos e entidades e agora, tamén, cos propios funcionarios”.

    INCENDIOS

    Ademais, Ángel Moldes tamén recordou que o PP presentará este venres una emenda á moción socialista sobre os incendios. "Está claro que Xunta e Estado van facer investimentos, pero seguimos esperando a coñecer que vai facer a presidenta da Deputación".

    Nesta liña, sinalou que “desde o noso grupo xa dixemos que estamos de acordo en que tanto a Xunta como o Estado teñen que ofrecer unha resposta, que xa anunciaron e que están dando, pero a día de hoxe non sabemos que plans ten a Deputación, non sabemos si van a deixar tirados aos alcaldes e veciños da provincia ou si, pola contra, van a apoialos”.