Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

Populares de Pontevedra

  • ¿Reducirase a taxa do lixo aos veciños de Monteporreiro ao reducirse a frecuencia da recollida?

    O PP lamenta o “despropósito do Goberno de Lores coa compostaxe”,

    • Está é a pregunta que se fan os populares tras coñecer que o camión do lixo pasará con menor asiduidade polo barrio.
    • Ante as respostas ambiguas do BNG de Lores no Pleno do pasado mes de setembro, o Grupo Popular pide que se aclare esta cuestión aos veciños de Monteporreiro.

     

    Pontevedra 26, outubro, 2017.- ¿Verán os veciños de Monteporreiro rebaixada a súa taxa do lixo ao reducirse a frecuencia de recollida neste barrio?. Esta é a pregunta que dende a formación que encabeza Jacobo Moreira lanzan ao Goberno do BNG tras coñecer que, dende a instalación dos composteiros comunitarios, o camión do lixo pasará con menor asiduidade por Monteporreiro.

    Xa o pasado mes de setembro, os populares trasladaron esta cuestión ao Goberno de Lores na quenda de preguntas do Pleno municipal. “Non recibimos unha resposta concreta”, lembrou este xoves o portavoz popular, “entendemos que se eliminan o colector verde e se os camións non pasarán coa mesma frecuencia, haberá un servizo menor polo que os veciños de Monteporreiro deberán pagar menos pola taxa do lixo”, apuntou Jacobo Moreira.

    O edil popular insiste en que “estas son as cuestións que o Goberno de Lores debería ter explicado aos veciños de Monteporreiro”. “Ante as respostas ambiguas por parte do BNG, continuaremos insistido para que aclaren se estes veciños van seguir pagando a mesma taxa do lixo ou se lles reducirá”, sinalou.

    Con todo, o Grupo Popular lamenta “o despropósito do Goberno de Lores en todo o que respecta a compostaxe” e lembran que estes composteiros foron licitados en febreiro; un mes despois o contrato quedou paralizado porque para a súa instalación era necesaria unha obra civil, cuestión que o BNG non previra; e por fin este mes de outubro lograron adxudicalos. “Este é un dos exemplos da descoordinación que ten o Goberno de Lores coa compostaxe”, apuntou Jacobo Moreira, “de feito, aínda saben onde van a instalar os composteiros no barrio de Campolongo, e iso que tiveron máis dun ano para pensalo”.

    Para os populares todo isto “vén demostrar unha vez que o BNG de Lores actúa baixo a improvisación” e que “non hai plan ningún sobre a compostaxe, todo é un eufemismo e o único que están a facer é xogar cos cartos de todos os pontevedreses”, puntualizou o portavoz popular quen lembrou que “Pontevedra continúa pagando 25.000 euros anuais polo aluguer duns terreos á Comunidade de Montes de A Canicouva, a pesar de que non existe proxecto algún sobre a planta de compostaxe”.