Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

Populares de Pontevedra

  • O PP presenta unha moción para que os veciños do Bao non perdan o seu local social

    • O texto, que se debatirá no pleno do martes, pide ao concello asumir a cesión da Casa Social do Bao a cambio de subrogarse na débeda da asociación de veciños, de menos de 60.000 euros.
    • Os populares piden ao Bipartito que colabore con estes veciños, «sería unha lástima que se perdese este local despois dos anos de esforzo dos veciños para que o barrio tivese actividades de todo tipo».

     

    Poio, 26 de outubro de 2017. O PP presentará unha moción no pleno do próximo martes instando ao Bipartito a colaborar coa Asociación de Veciños do Bao e evitar a perda da Casa Social do Bao e trasladando así unha demanda dos residentes deste barrio.

    O voceiro popular Ángel Moldes explicou que os veciños no seu día pediron unha hipoteca para mellorar e adaptar o local social e a día de hoxe quedarían por pagar menos de 60.000 euros aos que neste momento non poden facer fronte, polo que están dispostos a ceder a titularidade ao concello a cambio de que este se subrogue na débeda.

    Moldes explicou que a Casa Social dispón dunhas instalacións totalmente equipadas para levar a cabo todo tipo de actividades sociais, culturais e deportivas e sería unha mágoa que os veciños do Bao perdesen ese local «despois de anos de esforzo, pagando cuotas para que o barrio tivese actividades e vida asociativa».

    «A Casa Social do Bao é un punto de convivencia para poder reunirse e facer actividades. Os veciños loitaron moito por ter actividades deportivas, culturais e non merecen agora que o banco execute a hipoteca e se perda todo ese traballo tan necesario para o Bao», indicou Moldes: «Entendemos que non é unha cantidade excesiva e os beneficios para o concello son moi superiores ao custo».

    Moldes recordou que estes veciños son «uns dos grandes olvidados do concello» que traballaron por mellorar un barrio cunha realidade socioeconómica complicada, e indicou que non se entendería que despois de sufragar gastos elevados, incluso noutros concellos, non se lles axudase: «O único que queren é que o banco non se quede con elas, senón que poidan disfrutalas todos».

    «Non se entendería que o Bipartito non colaborase para non perder unhas instalacións preparadas e poder poñer un local máis a disposición dos veciños do barrio, da parroquia e de todo Poio por menos de 60.000 euros»