Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

Populares de Pontevedra

  • Ignacio Maril presenta os avais necesarios para concorrer ao Congreso do PP de Silleda

     

    Silleda, 27 de outubro de 2017.- O presidente do Comité Organizador, Jose Luis Espiño, dá conta dos avais acadados polo candidato á presidencia do PP de Silleda, cuxo congreso se celebra mañá sábado. Unha vez analizados os avais presentados en tempo e forma, o único candidato será Ignacio Maril, que presentou 177 avais, todos eles válidos.

    Aportou, polo tanto, a cantidade mínima para concorrer ao congreso que estaba establecida en 120 avais.

    Preto de 600 afiliados están convidados a decidir mañá sábado sobre o futuro da agrupación local, nun congreso que se desenvolverá a partir das 19.00 horas no Auditorio da Semana Verde.