Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

Populares de Pontevedra

  • O BNG de Lores obriga aos pontevedreses a acudir ao Xulgado para poder recuperar os cartos das Plusvalías

    • Os populares lamentan a actitude intransixente do Goberno do BNG. “Fan que moitas familias con escasos recursos desisten de solicitar a devolución deste imposto
    • #EncontroNoLérez. Conde explicará en Pontevedra as vantaxes da Lei de Fomento da Implantación de Iniciativas Empresariais

     

    Pontevedra 28, outubro, 2017.- Os populares denuncian “a actitude intransixente do Goberno de Lores” con respecto ás Plusvalías, “están a obrigar aos veciños de Pontevedra a acudir ao Xulgado para que se lle devolvan os cartos cobrados indebidamente”, apuntou este sábado o portavoz municipal, Jacobo Moreira.

    “Dita actitude está a facer que moitos pontevedreses con escasos recursos, desistan de solicitar a devolución deste imposto, un feito que, sen dúbida algunha, beneficia ao Concello, pero prexudica aos nosos veciños”, recalcou o edil popular.

    “O BNG de Lores tivo a oportunidade de poñerse a carón dos veciños, pero preferiu ser desleal cos pontevedreses”, apuntou Moreira, quen lembrou a proposta realizada polo seu Grupo no Pleno do pasado mes setembro, na que pedían a posta en marcha de mecanismos que permitisen informar e proceder á devolución das plusvalías cobradas a los veciños de Pontevedra indebidamente. Tamén solicitaban que, mentres non se proceda á modificación da normativa, o Concello suspendese o cobro deste imposto, cando quede acreditada a perda patrimonial. “O Goberno de Lores opúxose”, lamentou o portavoz popular, “a pesar de que corresponde aos Concellos a devolución deste imposto”.

    Os populares lembran ademais que “cada día que pasa resta en contra dos nosos veciños” xa que o dereito a percibir a plusvalía cobrada indebidamente se extingue aos catro anos. “Ao Goberno de Lores non lle interesa axudar aos pontevedreses afectados”, lamentou Jacobo Moreira, quen lembrou que dende o ano 2013 se liquidaron no Concello 12.741 declaracións de plusvalías, “e previsiblemente un 50% podería estar afectado”, sentenciou.

    Conde explicará as vantaxes da Lei de Fomento da Implantación de Iniciativas Empresariais en Pontevedra.

    O Partido Popular de Pontevedra inaugura este luns “Encontros no Lérez”. Esta primeira edición do ciclo e charlas informativas contará coa presenza do Conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, que presentará a Lei de Fomento da Implantación de Iniciativas Empresariais, vixente dende este xoves 26 de outubro, baixo o título “Un novo impulso para a competitividade de Galicia” .

    Co obxectivo de dar a coñecer as medidas que introduce esta nova normativa, os populares convidan a todos os pontevedreses a participar neste acto, que terá lugar este luns, 30 de outubro, ás 19h. na sala de conferencias de Afundación en Pontevedra (Rúa Augusto González Besada nº2, 4ª planta).