Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

Populares de Pontevedra

  • DAVILA ASEGURA QUE A ACTITUDE DE BESADA É INTOLERABLE

    • Os veciños e as veciñas de Salceda non merecen un Alcalde como Besada 
    • Os Populares instan ós socialistas a reflexionar de novo, para dar salida a esta situación de bloqueo por parte do actual Alcalde e o seu Grupo de Goberno

      

    Martes 31 de outubro de 2017. O voceiro do Partido Popular de Salceda de Caselas, Santiago Rodríguez Davila, denuncia a actitude que o Alcalde (Marcos Besada) ven amosando nos últimos meses, tanto cos veciños (nos Plenos Municipais e na rúa), e  traballadores do Concello, coma cos demáis membros da Corporación Municipal ”.

    “O pasado venres 27 tiña lugar o último Pleno Municipal no Concello. Seguindo na nosa liña, este Grupo presentaba unha serie de Rogos para dar traslado ó Goberno Local dalgúns dos problemas que os/as veciños/as levan meses esperando a que sexan solventados e ademáis, na parte final do Pleno, realizamos varias preguntas ó Alcalde sobre temas que, certamente, nos resultaban confusos coma, por exemplo, a non adhesión do Concello de Salceda ó convenio trianual da Xunta de Galicia para a contratación de brigadistas, a plaza de Policía Local que segue sen cubrir dende hai preto de dous anos e os orzamentos de 2017 que seguen sen ser aprobados xa que o Goberno Municipal non os presentou todavía ó Pleno” explica Davila.

    Continúa o voceiro “tamén preguntamos ó Alcalde por un acontecemento gravísimo da  pasada semana: na mañá do pasado xoves 26, tiña lugar o Tribunal encargado de seleccionar ó persoal docente para a impartición das accións formativas para desempregados (CDL O Torrón). Este tribunal debía estar constituído por presidente, secretario/a e tres vogais. Tanto o presidente coma o/a secretario/a tiñan que cumprir a condición de ser funcionarios, como así o establecían as propias bases da convocatoria. O problema xorde cando o Alcalde (Besada) designa como secretaria a unha persoa traballadora do Concello que non cumpre dita condición. Esta persoa, ó decatarse do feito, presentaba a súa renuncia de xeito motivado e por escrito, xa que incurriría nunha gravísima irregularidade”.

    “O Alcalde, xunto ó Concelleiro de Persoal, achegouse ó lugar de traballo desta persoa, onde varios veciños/as foron testigos das numerosas faltas de respeto, gritos e amenazas que o Alcalde profiriu á traballadora por negarse a pertencer ó tribunal (do que non cumpría as condicións). Pois ben, no Pleno, o Alcalde decidiu non retractarse de nada e cortar o tema de raíz, impedindo as nosas preguntas sobre o tema e, asegurando que non iba a contestar. Pola súa parte, o Concelleiro de Facenda e a Tenente Alcalde tomaron a posición de encubrilo. Parécenos lamentable, intolerable e inadmisible que un Alcalde amose esta actitude cun traballador. De igual xeito, seméllasenos lamentable que en vez de facer un Convenio Laboral ou aprobar a Relación de Postos de Traballo, o  Responsable de Persoal respalde as actitudes dun Alcalde que denigra ás/ ós traballadoras/es por negarse a cumprir as súas ordes, aínda que estas vaian en contra da Lei”

    Segundo afirma Davila, esta non é a primeira vez que Besada amosa esta actitude xa que tamén o fixo con outros/as traballadores/as do Concello, con algún/has veciños/as que increpou ó rematar os Plenos Municipais ou na mesma rúa e cos insultos que profire en cada Pleno Municipal ós demáis membros da corporación.

    “Polo demais, Besada continuou coa actitude dos últimos plenos: altivo, mentiroso e inquisidor, vetando propostas da oposición e impedindo a súa votación. Por todo o anterior, instamos de novo ó Partido Socialista a que reflexione, xa que os veciños de Salceda non se merecen un Alcalde como Besada, que os engane e utilice e que xestione o Goberno en contra dos intereses dos mesmos”.