Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

Populares de Pontevedra

  • O PP pide unha asemblea aberta para expoñer aos veciños o proxecto de humanización da Caeira

    • Os populares supeditaron o apoio definitivo ao proxecto a que se consultase aos veciños calquera cambios na circulación e que eles teñan «a última palabra».
    • Recalcan que se o Bipartito quere transformar o acceso en sentido único «non é suficiente falalo con uns poucos veciños e poñelo no taboleiro».

     

    Poio, 2 de novembro de 2017. Na comisión municipal de urbanismo deste martes, o PP solicitou ao concello a celebración dunha asemblea aberta cos veciños da Caeira para expoñerlles e consultarlles o proxecto de humanización das rúas José Pernas Peña, Mato Calderón e a praza de Riestra, nese barrio de San Salvador.

    A voceira popular de urbanismo, Rocío Cochón, recordou que o apoio do PP ao proxecto, debatido no pleno de setembro, quedou supeditado a que se informase e consultase aos veciños que «ao final son os grandes beneficiarios ou prexudicados de calquera actuación». 

    Cochón pediu aos responsables do Bipartito que celebrasen unha asemblea informativa, aberta a todos os veciños do barrio, para amosarlles o proxecto e coñecer a súa opinión, ao que o concelleiro Gregorio Agís contestou que xa se falou con algún veciño e que o proxecto estaría no taboleiro no periodo estipulado de exposición pública.

    Para os populares, isto non é dabondo: «Se só fan iso a maioría dos afectados non se van enterar da actuación. Non é suficiente falar con algún residente ou poñelo no taboleiro: o lóxico é facer unha asemblea aberta con todos os veciños que queiran asistir».

    A popular non entende os continuos reparos do Bipartito para facer asembleas e informar: «Non chega con pasar o trámite ou falar con veciños escollidos». 

    «Nun proxecto coma este non se pode andar ás agachadas como fai sempre este goberno en temas urbanísticos», rematou Cochón: «Se queren cambiar os accesos á Caeira a sentido único, teñen que informar a todos os veciños e intentar que sexan eles quen teñan a última palabra».