Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

Populares de Pontevedra

  • O PP de Nigrán pregunta como e canto vai investir o Concello das “supostas axudas” a incendios que lle ofrece a Deputación

     

    Nigrán, 4 de novembro de 2017.- Desde o PP de Nigrán piden ao alcalde, Juan González, que explique como se van xestionar as “supostas axudas” de 90 millóns de euros que ofrece a Deputación aos concellos afectados polo lume.

    Os populares e mailos veciños de Nigrán queren respostas. Son moitas preguntas as que nos facemos: cantos cartos se van destinar a paliar os danos ocasionados polos incendios e como podemos solicitalos. Os populares consideran que da mesma maneira que se coñecen as liñas de axudas que ofrece a Xunta de Galicia e o Estado, sería axeitado que o sr. Alcalde dedicara esforzos e explicara a Nigrán cal é o seu plan de acción.

    Esta semana coñeceuse que a Deputación de Pontevedra pon a disposición dos Concellos a suma de 90 millóns de euros para axudar os damnificados polo lume. E xórdenos outra cuestión, esta suposta “axuda” descóntase do Plan Concellos da que xa eramos beneficiarios?, porque se a cousa vai por esta liña reclamamos que o alcalde Juan González nos informe de cales son os servizos que teremos que sacrificar.

    “Porque se realmente os cartos ten que pólos o  Concello sacándoos do Plan Concellos, máis que darnos unha subvención a Deputación o que estaría facendo sería sacarnos recursos que nos pertencen por lei”.

    Esiximos pronta resposta, e non debería ser doutra forma cando o Sr.Juan González forma parte do goberno provincial e ten información de primeira man que debería de facer pública para que tódolos  nigraneses souberan de que axudas dispoñen e como se administran e xestionan, se van a restar ou van a sumar, non nos engañen, Señor Juan González.

    Os populares móstranse perplexos ó non escoitar ningunha declaración por parte do goberno municipal. Parece que fixeron voto de silencio cando resulta unha información máis que necesaria para todos nós.

    María José Pino, presidenta do PP de Nigrán, asegura que a desinformación é máxima en Nigrán. Declara que na última reunión celebrada en Chandebrito, unha das zonas máis afectadas, os veciños constataban os feitos, era a pregunta sen resposta. Foron moitas as chamadas as que atendemos para dar algunha explicación, manifesta a presidenta.

    María José Pino aconsella que o goberno municipal determine como prioridade esta cuestión e conteste ós veciños de cómo nos van axudar,  de canto dispoñemos e se suma ou si resta.