Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

Populares de Pontevedra

  • O PP de Pontevedra pide ao Goberno de Lores que escoite aos veciños de Monteporreiro

     Tras o rexeitamento amosado pola instalación de composteiros comunitarios no barrio,

    • Para a formación que encabeza Jacobo Moreira isto vén provocado pola improvisación do BNG de Lores coa compostaxe.
    • Composteiros comunitarios en Campolongo. “Outro exemplo desta falta de rumbo do Goberno do BNG é que en aínda non saben onde van a instalar as unidades neste barrio”. 

     

    Pontevedra 4, novembro, 2017.-  A formación que encabeza Jacobo Moreira pide ao Goberno do BNG que se sente a falar cos veciños de Monteporreiro antes de continuar coa instalación dos 25 composteiros comunitarios no barrio.

    “Non é de recibo que os veciños de Monteporreiro non estivesen informados sobre os pasos que se ían dar coa compostaxe no barrio”, lamentou este sábado o portavoz popular, Jacobo Moreira, “máxime cando estas unidades van a estar instaladas nas inmediacións do parque infantil da praza de Europa”. Este é o principal motivo de rexeitamento, polo que os populares piden ao Goberno local que “escoite aos veciños, que dialogue con eles, pois a fin de contas serán os que teñan que convivir a diario cos composteiros”.

    Para os populares esta situación vén provocada porque o Goberno de Lores non conta cunha folla de ruta clara e definida sobre a implantación da compostaxe en Pontevedra. “Esta improvisación absoluta está a provocar situacións como a vivida en Monteporreiro: imposición en lugar de información”, apuntou o edil popular. 

    Composteiros Comunitarios en Campolongo

    Esta falta de rumbo do BNG de Lores queda reflectida tamén na situación que vive a compostaxe no barrio de Campolongo. O Goberno de Lores continúa sen saber aínda onde vai instalar as unidades neste barrio. “O BNG de Lores debería ser máis serio coa implantación da compostaxe e deixar de facer experimentos pois estamos a falar dos cartos de todos os veciños de Pontevedra”, sentenciou Jacobo Moreira.