Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

Populares de Pontevedra

  • O PP DE PONTE CALDELAS PREGUNTA COMO E CANTO VAI INVESTIR O CONCELLO DAS “SUPOSTAS AXUDAS” A INCENDIOS QUE LLE OFRECE A DEPUTACIÓN

     

    • Se realmente os cartos os te que poñer o Concello sacándoos do Plan Concellos, máis que darnos unha subvención a Deputación o que estaría facendo sería sacarnos recursos que nos pertencen por lei”.
    • A diferencia das axudas da Xunta de Galicia donde xa existe unha orden en vigor e un formulario para solicitalas, tal como informou na sua visita ao Concello de Ponte Caldelas o delegado territorial da Xunta de Galicia, Jose Manuel Cores Tourís, que lle propuxo a alcalde destinar persoal da Xunta o Concello para poder tramitalas con maior axilidade

     

    Ponte Caldelas, 4 de novembro de 2017.- Desde o PP de Ponte Caldelas piden ao alcalde, Andrés Díaz, que explique como se van xestionar as “supostas axudas” de 90 millóns de euros que ofrece a Deputación a os concellos afectados polo lume.

    Os populares consideran que da mesma maneira que se sabe en que consisten outras liñas de axudas como as que ofrece administracións como a Xunta de Galicia ou o Estado, o alcalde de Ponte Caldelas debería explicar en que se van investir os cartos da Deputación, como se van distribuír e no caso de que se destinen aos afectados como as deberán solicitar.

    Sería importante que ademais de saber que cantidade do Plan Concellos vai destinar Ponte Caldelas para paliar os danos ou aos damnificados polos incendios, e que obras ou servizos se van sacrificar. “Porque se realmente os cartos os te que poñer o Concello sacándoos do Plan Concellos, máis que darnos unha subvención a Deputación o que estaría facendo sería sacarnos recursos que nos pertencen por lei”.

    Normalmente o alcalde informa das axudas que se están a prestar desde o Concello aos afectados, das medidas que se puxeron en marcha, incluso das axudas oficiais ás que vai acceder, pero non se lle escoitou aínda unha palabra das axudas “supostamente importantes” que vai dar a Deputación, algo que nos fai sospeitar, sobre todo cando os cartos non os vai poñer a Deputación, senón o propio concello se así o desexa o Goberno Local, e cando xa hai veciños que están a preguntar en que van consistir.

    A diferencia das axudas da Xunta de Galicia donde xa existe unha orden en vigor e un formulario para solicitalas, tal como informou na sua visita ao Concello de Ponte Caldelas o delegado territorial da Xunta de Galicia, Jose Manuel Cores Tourís, que lle propuxo a alcalde destinar persoal da Xunta o Concello para poder tramitalas con maior axilidade; das supostas axudas da Deputación Provincial ainda non sabemos nada.