Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

Populares de Pontevedra

  • O PP de Silleda denuncia que Manuel Cuíña minte en relación co mantemento da caldeira do CEIP Ramón De Valenzuela

    • Dende o Partido Popular aseguran que según fontes do propio centro, o mantemento non foi feito polo Concello tal como afirmou o Alcalde.
    • Consideran que ou Manuel Cuíña minte, ou non sabe o que pasa no Concello.

     

    Silleda, 6 de novembro de 2017.- O Partido Popular de Silleda denuncia que a pesar das declaración feitas polo Alcalde ós medios de prensa, o certo e que, según fontes do propio centro, o Concello tampouco levou a cabo o mantemento da caldeira do CEIP Ramón de Valenzuela.

    Ante a negativa do Concello de asumir o mantemento da caldeira do centro, o propio centro tivo que contratar un mantemento privado para poder por en marcha a caldeira para evitar así que os nenos pasen frío nas aulas.

    Os populares consideran que de ser certo este feito, sería gravísimo, e dadalas nosas fontes todo apunta a que o Alcalde minteu neste asunto, “E inadmisible que o Alcalde Manuel Cuíña incumpra as súas obrigas, pero que minta deliberadamente en relación con este tema e absolutamente intolerable, non se pode xogar desta maneira co benestar dos rapaces. De acordó coas información que temos esixiremos que diga quen foi o responsable do Concello en facer o mantemento e cando o fixo, e si non nolo da, si lle queda algo de vergoña, debería dimitir ou exisir responsabilidades a quen lle corresponda.”.

    Os populares consideran que outra vez máis o goberno intenta vender fume para quedar ben diante da opinión pública e dos pais dos rapaces, pero o certo e que dende maio sabían deste problema e foron incapaces de solucionalo.

    Os populares desminten tamén que dende os técnicos de intervención do Concello se puxera calquer tipo de reparo a levar a cabo este contrato de mantemento, e en relación con Secretaría non puideron manter a reunión na mañan de onte xa que o Secretario non se encontraba no Concello, “Veremos se hoxe nos explica cales son os motivos do reparo que o Alcalde di que pon o Secretario neste asunto, pero consideramos que será salvable tendo en conta que e unha labor máis do mantemento do centro que lle corresponde ó Concello, e ven avalado polas propias instruccións da Consellería.”.

    Como xa se manifestou polos populares o Concello ven incumprindo as súas obrigas de mantemento dos CEIP do noso Concello, o que perxudica o desenvolvemento da actividade dos rapaces nos centros. “Estamos xa ante un caso extremo, non pode ser que polos seus intereses os rapaces teñan que pasar frío nas aulas, hai cousas que non son negociables e nas que non se pode escatimar, e as condicións nas que os rapaces están nas aulas e unha delas. So se preocupan de gobernar de cara a galería, pero nas cousas do día a día, como non venden deixanas de lado.”.

    Ademáis consideran que aínda que so sexa por vergoña, o Alcalde debería rectificar públicamente e solucionar o problema canto antes, “Se ten que facer outro pleno extraordinario máis este mes, e xa sería o terceiro, que o faga, pero ten que buscar unha solución de inmediato a este problema. Os rapaces non poden seguir pasando frío nas aulas.”.

    Dende o Partido Popular esixiranse responsabilidades por este asunto, e solicitará que se lle reintegren ó centro os cartos que tiveron que gastar no mantemento da caldeira.