Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

Populares de Pontevedra

  • Avanzan os trámites para a desafectación do campo de fútbol de Pontesampaio

     Jacobo Moreira e o presidente da A.VV. “Heroes de Pontesampaio” se reúnen coa Xefa Provincial de Costas en Pontevedra para interesarse por esta solicitude, 

    • Segundo puido saber o portavoz popular, a Dirección General de Sostenibilidad de la Costa y del Mar é favorable á declaración de innecesariedade, pero previamente deberá someterse a exposición pública antes de acordar a desafectación dos terreos.
    • Os populares lamentan “os catro anos perdidos” polo goberno do BNG dunha “reivindicación veciñal histórica”.

     

    Pontevedra 6, novembro, 2017.- Avanzan os trámites para a desafectación do recinto deportivo de Pontesampaio, da praza de A Xunqueira, do edificio do mercado e dos terreos aledaños. Así llo confirmaron este luns ao portavoz popular, Jacobo Moreira, e ao presidente da asociación de veciños “Heroes de Pontesampaio”, Ramón Agulla, durante a reunión que solicitaron coa Xefa Provincial de Costas en Pontevedra, Cristina de Paz-Curbera, interesándose polo estado no que se atopa dita solicitude.

    Segundo puido saber o presidente do PP en Pontevedra, a Dirección General de Sostenibilidad de la Costa y del Mar é favorable á declaración de inecesariedade destes terreos, pero previamente deberá someterse a exposición pública durante un período dun mes. “A desafectación dos terreos de Pontesampio segue o seu curso”, manifestou Jacobo Moreira ao remate da reunión, “unha vez sometida a exposición pública, e cumprimentado o resto do procedemento administrativo, poderase proceder á declaración innecesariedade dos terreos e consecuentemente a desafectación do dominio público marítimo-terrestre, o que deixará xa os terreos en mans municipais para proceder a levar a cabo as actuacións que demandan os veciños”, puntualizou.

    Os populares continúan pendentes desta tramitación que xa solicitaron ao Goberno de Lores que cursase no ano 2013 a través dunha moción que foi rexeitada tanto polo BNG como polo PSOE, socio de goberno naquela época. “Dende entón, van catro anos perdidos para os veciños de Pontesampaio por culpa da cerrazón dos nacionalistas e os seus socios de Goberno”, lamentou Jacobo Moreira, “catro anos perdidos para unha demanda veciñal histórica que en numerosas ocasión solicitaron unha reforma do campo de fútbol da parroquia”, engadiu.

    A formación popular lembra que “se o Goberno de Lores solicitase naquel momento a desafectación dos terreos, xa se podería ter levado a cabo unha actuación provisional para mellorar o lamentable estado do campo de fútbol, pero perdéronse catro anos, e os únicos prexudicados das idas e vindas de BNG e PSOE son os veciños de Pontesampaio”, manifestou Jacobo Moreira quen pide ao “BNG de Lores que deixe de marear aos veciños desta parroquia e cumpra coas peticións dos seus veciños”, sentenciou.