Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

Populares de Pontevedra

  • O ex alcalde de Cerdedo e o fillo do ex alcalde de Cotobade dirixen a Comisión Organizadora do Congreso do PP

    • O Congreso celebrarase o 24 de novembro ás 18.30 horas no Centro Cultural de Cerdedo.

     

    Pontevedra, 8 de novembro de 2017.- O ex alcalde de Cerdedo, José Luis Jorge Caramés foi nomeado presidente da Comisión Organizadora do I Congreso do Partido Popular de Cerdedo-Cotobade. O secretario será José Ramón Abal Pazos, fillo de Moncho Abal o ex alcalde de Cotobade. Acompañaranos como vogais Raquel Puente Couto, Iria López Mourelle e Rosa Faílde. Esta Comisión será a encargada de coordinar, impulsar e dirixir todos os aspectos organizativos do Congreso ata que comece a celebración do mesmo, que asumirá esas competencias a Mesa do Congreso.

    Neste primeiro Congreso que se celebrará o próximo 24 de novembro ás 18.30 horas no Centro Cultural de Cerdedo, terán dereito a voto os case 500 afiliados que aportaron as 2 xuntas locais agora fusionadas.

    Todos os afiliados do PP de Cerdedo-Cotobade que aspiren á presidencia do partido terán que presentar por escrito ante a Comisión Organizadora do Congreso a súa precandidatura antes do 14 de novembro e poder ter así acceso ademais á documentación relativa ao Congreso.

    A candidatura deberá ir acompañada por un mínimo de 90 sinaturas de afiliados, no modelo aprobado ao efecto pola Comisión. O prazo para a presentación de avais remata o 22 de novembro.    

    Tanto para ser candidato como para poder avalar ou votar no Congreso será necesario, tal e como recollen os estatutos do partido, figurar inscrito no censo de afiliados.