Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

Populares de Pontevedra

  • O PP DE CALDAS ACUSA AO GOBERNO LOCAL DE NON EXERCER AS SÚAS FUNCIÓNS EN EMERXENCIAS E RECLAMAR DOUTRAS ADMINISTRACIÓNS O QUE ÉL NON É QUEN DE CUMPRIR

    • “Son indignantes e tristes ao mesmo tempo, as manifestacións feitas polo alcalde caldense en relación coa petición á Xunta de Galicia dunha motobomba para os incendios xa que, no canto de exercer as súas propias competencias en materia de emerxencias como lle esixe a Lei, adícase a outros menesteres que en nada benefician aos caldenses”, manifestou Jesús Goldar, Presidente do Comité Local do PP de Caldas. 

     

    Caldas de Reis, 8 de novembro de 2017.- O Presidente da Xunta Local do Partido Popular de Caldas de Reis, Jesús Goldar, saíu hoxe ao paso das manifestación feitas polo alcalde socialista da localidade nas que criticaba que a Xunta de Galicia non atendera a petición dun vehículo motobomba para actuar nos incendios. 

    Segundo afirmou Goldar Güimil “o actual alcalde, Sr. Rey, como é habitual no seu comportamento, está máis preocupado en facer falsas afirmacións contra toda administración que non goberna o seu partido que en solucionar os problemas dos caldenses como é a súa obriga”. Engadiu o Presidente local do PP que “dicir que a Xunta de Galicia non aporta medios ao Concello de Caldas é tan falso que él mesmo nin ninguén do seu goberno, estamos seguros, o cre; sen ir mais lonxe –subliñou— durante os últimos cinco anos foron preto de oitenta mil euros (80.000,00 €) os que se achegaron por parte 

    do goberno galego ao Concello de Caldas de Reis, consistentes en axudas económicas anuais directas á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de case 11.000,00 euros, así como á dotación dun vehículo todoterreo pick-up 4x4, unha embarcación de salvamento acuático, xunto con un vehículo para a Policía Local do noso concello, todo elo no ano 2015, e un remolque completo de emerxencias que será entregado nas próximas semanas; sumando un importe de case 68.000,00 €”. 

    Continuou Jesús Goldar afirmando que “son indignantes e tristes ao mesmo tempo, as manifestacións feitas polo alcalde xa que, no canto de exercer as súas propias competencias en materia de emerxencias como xe esixe a Lei, adícase a outros menesteres que en nada benefician aos caldenses”. 

    Neste mesmo sentido o voceiro popular dixo que “a Xunta de Galicia sempre tivo un trato excepcional co noso concello neste eido, como deste xeito o acreditan os datos que o alcalde semella descoñecer, e a pesares de que a competencia sobre as emerxencias é do propio concello e da Deputación de Pontevedra, como así o establece claramente o capítulo IV da Lei de Emerxencias de 2007, aprobada curiosamente por un goberno socialista, aínda que esta última administración estea completamente desaparecida”. 

    Goldar Güimil aproveitou para lembrarlle ao alcalde caldense que “podería en vez de falar o primeiro que se lle ven á cabeza sen o máis mínimo fundamento, solicitar unha entrevista urxente coa Sra. Presidenta da Deputación de Pontevedra --do seu mesmo partido e, por elo, de seguro que o recibe moi rápidamente— coa fin de que lle poida preguntar á Sra. Silva cando pensa cumprir o que lle esixe a Lei tamén á administración provincial nesta mesma materia de Emerxencias e que non puxo nin un céntimo de 

    euro neste asunto tan importante da atención ás emerxencias”. O voceiro engadiu, de seguido, que “moito nos tememos que lle dirá que ela non sabe nada de emerxencias e que lle reclame a outros, seguramente tamén porque Caldas non é Vigo”. 

    Por último, Jesús Goldar pedíulle ao Rey que, “dunha vez por todas, se adique a exercer de Alcalde cumprindo o que lle obriga a Lei e non, por exemplo, a reclamar medios dos que xa dispón como é o caso do vehículo Mercedes Bull de Interveción Lixeira que costou máis de 30 millóns das antiguas pesetas no 2007 aínda que o adique, as máis das veces, ao rego de prantas e xardíns en vez de ao que debería que é a atención as emerxencias”