Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

Populares de Pontevedra

  • O PP reclama desde Chandebrito axudas de Deputación para os colectivos veciñais

    • Elena Muñoz: “Non coñezo a ningún responsable político que manexe os números dunha forma tan pouco axustada á realidade como o fai Carmela Silva”
    • Piden ademais que a administración provincial se coordine con Xunta e Estado para axudar aos afectados
    • María José Pino: “O alcalde de Nigrán e deputado provincial non foi capaz aínda de explicar de onde saen os 90 millóns de axudas que supostamente vai dar a Deputación para os concellos”

     

    Nigrán, 9 de novembro de 2017.- A voceira provincial do PP, Elena Muñoz, reclama a Deputación que axude aos colectivos veciñais afectados polo lume para a reposición de canalizacións de auga ou outras necesidades que poidan ter. “As ideas que funcionan hai que saber mantelas e este é o momento de que a Deputación recupere o Plan de Acción Comunitaria que este o Goberno Bipartito eliminou e que se fai máis necesario ca nunca”. Así o pediu nunha visita a Chandebrito xunto cos deputados, Santiago Rodríguez Davila e Belén Villar, que estiveron ademais acompañados pola presidenta local, María José Pino e algúns concelleiros do PP.

    “Chandebrito foi unha das parroquias máis afectadas polo lume, os seus veciños viviron auténtico inferno pero souberon estar á altura e agora é o momento de que as administracións respondan e compensen aos afectados”, explicou.

    Muñoz lamenta que “a Deputación sexa a única administración que non se tomara en serio o problema, cremos que responderon de forma rápida e, coma sempre,  improvisando, porque quixeron facer crer que axudaban con 90 millóns de euros cando esas cifras non se axustan á realidade”.

    Nesta liña explicou que o que fixo o Bipartito foi cambiar unha partida por outra pero iso non supón unha cifra a maiores polos veciños dos concellos afectados, “de aí que o PP pida que se habilite unha partida para os colectivos veciñais pero tamén para os concellos afectados, á marxe do Plan Concellos, e desde a Deputación se comece a potenciar os GES, pois, -como recordou-, nos concellos de menos de 20.000 habitantes é competencia de Deputación”.

    A deputada popular considera que é necesario tamén que a Deputación se comece a coordinar coas demais administracións, como a Xunta ou o Estado que si compromeron axudas a todas as persoas afectadas, e se asinen convenios para estar á altura do que se reclama dunha administración seria.

    “Non coñezo a ningún responsable político que manexe os números dunha forma tan pouco axustada á realidade como Carmela Silva, que manexa números de aquí para alá sen o rigos que se espera dunha presidenta de Deputación, polo que esperamos que comece a contar a verdade, que concrete cifras e sobre todo que fale de novas cantidades específicas para cubrir as necesidades que hai”. 

    No mesmo sentido se expresou a presidenta do PP de Nigrán, María José Pino, que explicou que aínda que foron varias as reunións informativas o alcalde de Nigrán e á vez deputado provincial, Juan González, tivo cos afectados, “aínda non foi capaz de explicar de onde van saír os 90 millóns de axudas que supostamente vai dar a Deputación”.