Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

Populares de Pontevedra

  • O PP de Cuntis critican ao alcalde pola subida ao dobre das taxas da auga

    • O alcalde botou man do seu voto de calidade para que a proposta saira adiante
    • Veciñanza abstívose porque o seu problema é que “queren estar na feira e tamén no mercado”

     

    Cuntis, 14 de novembro de 2017.- O voceiro do PP de Cuntis, Antonio Pena, critica que o Goberno local, co voto de calidade do alcalde, aprobara no pasado pleno unha ordenanza municipal para subir ao dobre a taxa de auga.

    Os populares descubriron a intención do Grupo de Goberno na comisión informativa celebrada antes do pleno celebrada para debater a modificación de dúas ordenanzas municipais: a da auga e a das instalacións deportivas. Nesta comisión desvelouse ademais que con anterioridade se foron celebrando varias reunións entre PSOE, BNG e Veciñanza para tratar o tema, reunións ás que non se convocou ao Partido Popular. Ante o descoñecemento por parte dos concelleiros do PP da intención do Goberno local, abstivéronse co fin de poder estudar as ordenanzas con máis detalle.

    “A sorpresa foi que que ao estudar as tarifas propostas descubrimos que a intención do Grupo de Goberno era duplicar a cota mínima de consumo, polo que no pleno votamos en contra”, explica Antonio Pena.

    O voto en contra do Partido Popular, con 4 concelleiros, provocou un empate a votos con dous dos partidos do Goberno (BNG e PSOE), pois Veciñanza, despois de asistir a todas as reunións e estar de acordo coa proposta, abstívose no pleno.

    O empate a votos provocou que o alcalde tivera que servirse do seu voto de calidade para poder sacar a diante a modificación da ordenanza. “É moi triste que ao alcalde non lle temble a man á hora de aprobar unha subida de taxas desta magnitude a pesar de que só votaron a favor 4 concelleiros”, critica o voceiro popular.

    “Grave tamén nos parece a dobre cara dos concelleiros de Veciñanza que intentaron escapar desta decisión sen quedar mal co Goberno. Se os concelleiros de Veciñanza se mantiveran con todas as consecuencias do lado dos veciños e votara en contra desta modificación esta subida desorbitada non se tería aprobado, pero o seu problema e que queren estar na feira e tamén no mercado”, ironiza Pena.

    A suba aprobada polo Goberno Municipal, que duplica a cota mínima de consumo, fai que as taxas queden da seguinte maneira:

    A) Para usos domésticos:

    Mínimo 30 m3 /trimestre:……… 7,14€

    Exceso €/m3……………………. 0,36€/m3

    B) Para usos industriais:

    50 m3/trimestre ………………… 15,85€

    Exceso €/m3……………………... 0,40€/m3

    200 m3/trimestre………………… 38€

    Exceso €/m3……………………… 0,40€/m3

    4.000 m3/trimestre……………….650€

    Exceso €/m3…………………….. 0,40€/m3

    C) Por acometida ……………… 50€/metro

    D) Por contador…………………  40€