Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

Populares de Pontevedra

  • O PP revela que camións de recollida de lixo de Poio seguen prestando servizo noutros concellos de forma irregular sete meses despois

    • Os populares fan públicas fotos dun vehículo adscrito a Poio recollendo contedores na Illa de Arousa esta semana, continuando o incumprimento grave.
    • O concelleiro Cándido Muíños recorda que desde a primeira denuncia por estes feitos en abril «ninguén do concello parou este compadreo, deu explicacións ou asumiu responsabilidades»
    • Muíños volve denunciar que «mentres os nosos veciños pagan a taxa máis alta da provincia e mesmo de Galicia, os camións de Poio están noutros concellos coas placas tapadas»

     

    Poio, 14 de novembro de 2017. O PP fixo públicas novas fotografías de camións de recollida de lixo adscritos en exclusiva ao concello de Poio prestando servizo na Illa de Arousa e Marín durante esta semana.

    Para o voceiro popular para Medio Ambiente, Tucho Muíños, «o escándalo continúa e cada vez é máis grave» e recordou que a primeira denuncia do PP por estes feitos provén de abril de este ano: «sete meses despois segue o compadreo de Sobral coa empresa pagado polos veciños».

    Muíños recalcou que mentres os veciños de Poio pagan a taxa máis alta de Pontevedra, senón de Galicia, con 122 euros por un servizo que nalgunhas zonas préstase unha ou dúas veces á semana, os camións adscritos ao servizo municipal «están noutros concellos coas placas tapadas para intentar enganar».

    Muíños explicou que a empresa tapa agora a simboloxía do Concello de Poio mediante placas imantadas nos vehículos que están dando servizo fóra to termo municipal de Poio: «É unha tomadura de pelo», e sinalou que pese a esta técnica, os números de matrícula «non os poden tapar», polo que non poden agachar que están incumprindo o contrato.

    As fotografías feitas públicas polos populares amosa un camión correspondente ao servizo de Poio realizando labores de recollida nocturna na Illa de Arousa, coa matrículas 8258-JLD nos últimos días, algo «expresamente prohibido polo contrato e moi grave» xa que todos os camións e material do contrato do lixo son para uso exclusivo en Poio, e os pagan os veciños «a razón de 800.000 euros anuais», pero recalcou que «a reincidencia e a falta de escrúpulos que está demostrando o concello neste asunto».

    Muíños lembrou que as primeiras probas da utilización noutros municipios de vehículos e material adscritos a Poio apareceron en abril deste ano, cando o PP fixo públicas fotografías de camións, operarios e material exclusivo de Poio na Illa e Marín. Tras a denuncia do grupo municipal popular de que este comportamento era un grave incumprimento do contrato da concesionaria e a esixencia de documentación e informes técnicos, o Bipartito anunciou unha “comisión de investigación” da que segue sen haber noticias sete meses despois. No entanto, á tenente de alcalde Chelo Besada escapóuselle que vehículos do concello deran servizo tamén en Vilanova, todo «sen autorizaciòn, sen explicacións, e sen asumir responsabilidades»

    Muíños incidiu en que, ao largo destes meses, membros do Bipartito recoñeceron a ilegalidade destas saídas «coa boca pequena», pero mentres outros municipios de toda España impoñen sancións millonarias ás concesionarias por incumprimentos moito menos graves, en Poio «BNG e PSOE tapan a Valoriza e insultan aos veciños que pagan máis que ninguén». 

    Muíños recordou que, ademais dos 800.000 euros anuais do contrato de Valoriza, o concello tivo que contratar unha asistencia técnica por 13.000 euros para controlar o cumprimento do contrato forzado polas denuncias do PP. A pesar desto adicional, e de mocións e iniciativas do PP intentando regularizar o servizo, continuaron aparecendo irregularidades, como vídeos que demostraban a non realización da recollida selectiva en Combarro, pero os servizos noutros concellos que se levan producindo durante ao menos sete meses son «dunha gravidade extrema».

    «En Poio temos a taxa máis alta da provincia por un dos peores servizos e estamos pagando uns camións que están recollendo o lixo noutros concellos coa connivencia do Bipartito», rematou Muíños: «Xa levan demasiado tempo insultando aos veciños con este tema».