Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

Populares de Pontevedra

  • O PP reúne a profesionais da Igualdade nunha mesa redonda para dar voz ás vítimas da violencia machista

    • Alfonso Rueda sinala que “teñen que saber e temos que demostrarlle desde cada recuncho da sociedade que non están soas”.

     

    Pontevedra, 18 de novembro de 2017.- O Partido Popular de Pontevedra adiantou a conmemoración do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, e o fixo esta mañá coa celebración da mesa redonda “A violencia de xénero en primeira persoa, a voz das vítimas”. O presidente provincial, Alfonso Rueda, que participou na inauguración da xornada xunto á presidenta do Congreso, Ana Pastor, e o secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, destacou que “as vítimas non están soas, teñen o apoio da sociedade e a unidade de todas as forzas políticas traballando de forma conxunta e cohesionada para erradicar a lacra da violencia”.

    Con todo, subliñou, “hoxe desde o PP queremos poñer outro gran de area, porque desde cada recuncho da sociedade temos que demostrarlle e teñen que saber que non están soas”.

    “Mentres haxa un só caso é unha responsabilidade de todos e de toda a sociedade, por suposto tamén do Partido Popular, non podemos renunciar a erradicar a violencia de xénero e esperemos que algún día sexa só un mal recordo", incidiu. 

    A mesa redonda estivo moderada por Susana López Abella, coordinadora de Igualdade do PPdeG e Secretaria Xeral de Igualdade, e nela participaron Galiza Aguete Dorrío, psicóloga do CIM da Lama; Carmen Paredes, educadora social do Centro de Emerxencias de Vigo; Paz Asorey, xefa da unidade contra a violencia de xénero da Subdelegación do Goberno; e Mar Ferrero Cuesta, psicóloga formadora en  igualdade e habilidades persoais, e secretaria da asociación Mulleres en Igualdade de Vigo. 

    Miguel Tellado explicou que o Partido Popular de Galicia está celebrando xornadas de sensibilización para lograr a igualdade real entre homes e mulleres. Tellado salientou que “houbo conquistas importantes de toda a sociedade, hai un Pacto de Estado impulsado polo Goberno do PP e hai que camiñar nesa dirección”.

    Desde a unidade hai que lanzar unha mensaxe optimista para todas as mulleres que sofren unha situación de maltrato. Neste asunto non cabe a loita partidista, reivindicamos a unidade de todas as forzas políticas e cremos que esa é a forma de demostrar altura de miras”.

    Na mesma liña, Ana Pastor, explicou que esta é unha tarefa de todos os partidos políticos. “No Parlamento de España houbo un acordo en materia de violencia de xénero do que me sinto moi orgullosa, e espero que coma este se produzan outros importantes que temos como obxectivo.  Segue habendo unha cultura machista na nosa sociedade e hai que acabar con ela desde abaixo, desde a escola”.

    20171118 1Pontevedra3

    20171118 1Pontevedra2