Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

Populares de Pontevedra

  • ORZAMENTOS MUNICIPAIS: MÁIS DE DOUS ANOS DE ESCUSAS E MENTIRAS

    • A piques de finalizar o ano o municipio se enfenta a unha máis que probable nova prórroga dos Orzamentos Municipais de cara ao 2018
    • Os populares esixen a Eva García que deixe de esgrimir escusas para xustificar a súa falta de vontade e que se poñan a traballar de maneira urxente para para solventar esta situación que prexudica gravemente a economía municipal

     

    O Porriño, 18 de outubro de 2017.-   O grupo municipal do Partido Popular manifestou hoxe a súa preocupación ante unha máis que probable nova prórroga dos orzamentos municipais de cara ao 2018 e pregúntanse cal será esta vez a escusa da Alcaldesa para non cumprir coas súas obrigacións.

    E é que desde que Eva García ocupase a alcaldía, foron moitas as escusas que esgrimiu para xustificar a súa falta de vontade e traballo.

    En outubro de 2015, a rexedora manifestaba que “o 1 de xaneiro de 2016 teremos un novo orzamento” e puntualizaba que este “non terá nin un só euro de superávit, nin un só euro”.

    O 1 de Xaneiro de 2016 , sen presentar sequera un borrador, anunciaba que levaría “uns orzamentos ese ano de 15 millóns de euros”. Xa en xuño de 2016 xustificaba, que “este ano non será, será para o próximo ano e será un orzamento de 18 millóns de euros”. Por suposto, a cadea de escusas continuou en 2017, concretamente en agosto de 2017 cando explicaba en prensa que “tentaría” pechar os orzamentos este ano e afirmaba que xa se reuniron PSOE e UDDL “co obxecto de levar os orzamentos a pleno en setembro de 2017”. Xa en outubro deste ano, sen orzamentos nin visos dos mesmos, afirmaba que “antes de fin de ano ten que ser si ou si”.

    Pois ben, estamos “antes de fin de ano” e os populares non recibiron borrador algún dos mesmos. “Esiximos responsabilidade e que se poñan a traballar de maneira urxente para para liquidar esta situación que prexudica gravemente a economía municipal, xa non quedan escusas “, apunta o presidente de M. Alejandro Lorenzo, “A coalición PSOE-UDDL arrastra uns orzamentos elaborados polo goberno municipal do PP. Eses que tanto criticaron e aos que se opuxeron estando na oposición e a razón é só unha: carecen de proxecto”. Lorenzo insiste na gravidade da situación á que o bipartito avocou á xestión municipal “pasan os meses, os anos, e mentres tanto, tapan buracos movendo o diñeiro dunhas partidas a outras,  recorrendo de maneira reiterada a modificacións orzamentarias, situación na que parecen sentirse cómodos”.

    Desde o PP reiteran a súa disposición ao dialogar e a chegar a acordos para conseguir aprobar este documento básico para xestión do municipio, e é que, á vez que encadeaba escusas a rexedora cargaba responsabilidades sobre os grupos da oposición, “ata o momento non recibimos ningún borrador, ningunha proposta nin ningunha opción. Estamos abertos a dialogar e a realizar achegas sempre de acordo ao noso programa e liña política, como sempre lles transmitimos, pero para iso é necesario que eles cumpran coa súa responsabilidade” continúa Lorenzo, “a súa única política neste sentido foi dicir que todo é culpa do Partido Popular, cando non contaron connosco para nada”.

    Así, chegados a este punto, desde o PP de Porriño esixen á Alcaldesa e ao seu Goberno que, dunha vez por todas, senten con todos os grupos municipais para poder dar resposta ás demandas de todos os veciños e veciñas de Porriño e que, nun exercicio de honestidade para coa cidadanía,  explique se está disposta a traballar na elaboración dos Orzamentos Municipais ou que, de non ser así, sexa clara e manifeste abertamente que seguirá prorrogando os elaborados polo PP.