Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

Populares de Pontevedra

  • O PP denuncia a falta de monitor no ximnasio da Seca

    • Traslada as queixas dos usuarios e denuncia falta de planificación despois de que o responsable da instalación se xubilase e o concello non designase un novo encargado.
    • Tucho Muíños: «De pouco serve poñer máquinas se non hai unha persoa responsable de facer un seguemento aos usuarios, controlar os exercicios ou evitar lesións».

     

    Poio, 18 de novembro de 2017. O PP trasladará na próxima comisión municipal de educación, cultura e deportes as queixas dos usuarios do ximnasio da Seca pola ausencia dun monitor na instalación tras a xubilación do anterior responsable.

    O voceiro de deportes da formación, Tucho Muíños, indicou que varios usuarios do centro preguntaron cando se cubrirá esta vacante e criticou a falta de planificación do Bipartito, xa que «unha xubilación non é algo imprevisto. Cremos que o concello está a dar unha mala imaxe para o deporte no concello».

    Segundo Muíños, de pouco serve investir en maquinaria ou equipamento do ximnasio se non hai un responsable que imparta actividades, faga un seguemento dos usuarios, controle os exercicios, ou evite que se lesionen, e indicou que «esta falta de planificación non é unha boa campaña para captar usuarios do ximnasio nin para fomentar o deporte en Poio».

    Muíños agradeceu o traballo do empregado que se xubila e ata agora responsable da instalación, por atender aos usuarios e dar vida a esta instalación «construida cando gobernaba do PP», pero lamentou a falta de previsión e a deficiente xestión do Bipartito en materia deportiva, «máis centrados en facerse fotos que en xestionar o día a día das responsabilidades municipais».