Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

Populares de Pontevedra

  • O PP de Guarda esixe unha reforma na rúa do Centro de Saúde e Conservatorio que garanta a seguridade dos nenos

    Trátase de un treito moi transitado e que sofre serios problemas de seguridade vial.

    •  “A inseguridade e o estado de abandono desta rúa é evidente, polo que cremos que o Goberno local vai entender que é unha obra necesaria que se debería acometer coa máxima urxencia”.

    A Guarda, 24 de maio de 2016.- A voceira do PP da Guarda, Conchi Ortega, vén de presentar unha moción  para o seu debate na próxima sesión plenaria na que solicita que o Goberno local reserve unha parte dos fondos da Deputación para o arranxo e mellora do firme da rúa número 3 Transversal Os Bechos, así como para a instalación de servizos de auga e saneamento, colocación de beirarrúas e melloras na iluminación da rúa.

    Os populares da Guarda consideran fundamental que o Concello destine unha partida para a reforma desta rúa, desde o Centro de Saúde ata o Conservatorio, un treito moi transitado e que ten serios problemas de seguridade vial.

    “Esta vía carece de beirarrúas e a ilumación é escasa, polo que os numerosos rapaces que a transitan teñen un serio risco de atropelo, sobre todo no inverno, cando se fai de noite moi cedo e en días de choiva a visibilidade é máis escasa”.

    “Por outra banda, esta rúa ten bastante tráfico nas horas que coinciden cos ensaios da tarde, polos que van ao campo de fútbol a adestrar e ao instituto a clases de nocturno. Ademais, debido a que case todos chegan tarde, circulan a unhas velocidades moi inapropiadas para o tipo de vía, por iso, o concello decidiu instalar uns reductores de velocidade (badéns) nas inmediacións do conservatorio”.

    Por todo isto, Conchi Ortega considera que é hora de poñer fin a esta situación. “Pódese arranxar esta vía e evitar o risco que supón para a mocidade do noso concello”.

    “A inseguridade e o estado de abandono desta rúa é evidente, polo que cremos que o Goberno local vai entender que é unha obra necesaria que se debería acometer coa máxima urxencia”.