Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

Populares de Pontevedra

  • DAVILA ACUSA A BESADA DE NON TER EN CONTA AS NECESIDADES DOS VECIÑOS

    • Mentres moitas das parroquias continúan agardando polo saneamento prometido, Besada gasta 45.000 euros en rehabilitar o Espazo Fontes do Robás (Pegullal)
    • A adxudicación da obra faise novamente de xeito directo polo Alcalde,  sen dar a oportunidade a outros empresarios do Concello

     

    Martes 21 de novembro de 2017. Santiago Rodriguez Davila, voceiro do Partido Popular de Salceda de Caselas, acusa ó actual alcalde, Marcos Besada de non ter en conta, unha vez máis, as necesidades reais dos veciños e das veciñas á hora de invertir os cartos de todos e todas.

    “Se ben é certo que a zona de Fontes do Robás (Pegullal) mellorará tras a rehabilitación, a realidade é que esta obra non é unha prioridade para os salcedenses. Hai uns meses, os veciños do lugar tiveron que pagar do propio bolsillo a maquinaria para facer o saneamento xa que o Concello non asumía o custe das obras. Por outra parte, por problemas de bloqueo nun camiño de servicio, aínda que o ramal de saneamento leva feito máis de 6 anos, os veciños e as veciñas do lugar de Casás, todavía non puideron conectarse ó mesmo  e o Goberno, pola súa parte, continúa sen dar solución ó problema (hai que ter en conta que moitos dos veciños pagaron a cuota de enganche e, a día de hoxe, continúan sen servizo). Asimesmo, a antiga Escola na Vendanova (cruce cara Casás) continúa completamente abandonada; unha escola á que ben se lle podería dar un uso social ou cultural. Estas son tan só algunas das necesidades reais dos veciños, unhas necesidades que poderían ser cubertas cos 45.000 euros que está a gastar Besada nas obras arriba mencionadas” afirma Davila.

    Asemade, os populares amosan o seu desacordo coa decisión do Alcalde de adxudicar a realización das melloras á empresa encargada de xeito directo e sen a publicidade do procedemento “Ónde está a vara de medir do Alcalde da que tanto presumía? Ónde está a equidade? A igualdade de oportunidades? Con qué finalidade se fai esta obra? Preténdese acaso beneficiar a algún veciño en concreto? O 80% das obras que se levan acabo no Concello son adxudicadas por Besada á mesma empresa, sen ter en conta outras opcións ou propostas dos demáis empresarios salcecenses. 

    Lembrar ademáis que este Grupo, sendo coñecedor da situación e tras as queixas recibidas por outros empresarios do pobo, presentaba no Pleno do pasado mes de agosto un Rogo para a creación dun Rexistro Municipal de empresas/empresarios de Salceda que desexasen prestar servizos para o Concello, coa finalidade de poñer control ó problema. A realidade a día de hoxe é que o Alcalde que falaba de amiguismo e caciquismo non só non tivo en conta a nosa proposta, senon que continúa adxudicando as obras de xeito descarado e sen un procedemento de publicidade e concurrencia competitiva. Unha vez máis, Besada pon de manifesto cáles son as súas prioridades” remata Davila.