Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

Populares de Pontevedra

  • O PP critica o “reparto a medida e encuberto” do último plan da Deputación para os concellos

    • Sinalan que o obxectivo final da presidenta é contentar aos alcaldes socialistas que agora teñen que votar no congreso provincial.
    • Dos 15 millóns de euros que se reparten a través do plan, o 60% son para concellos gobernados polo PSOE fronte ao 23% que reciben os concellos populares.
    • Cuestionan os motivos de exclusión dos proxectos, e destacan que hai alcaldes dispostos a levar este plan á fiscalía.

     

    Pontevedra, 23 de novembro de 2017.- O Partido Popular denunciou esta mañá o reparto “a medida” que a Deputación quere facer das subvencións en equipamentos e dotacións singulares para concellos que se inclúe mañá no pleno provincial. Foi nunha rolda de prensa na que os deputados provinciais Ángel Moldes e Salomé Peña recordaron que o PP criticou desde o principio que “era un plan que se aprobou de forma encuberta, porque o obxectivo final da presidenta era contentar a todos os alcaldes socialistas que agora teñen que votar no congreso provincial”, pero tamén polo desencanto que existe en todos os alcaldes polo que esperaban da Deputación.

    Os populares sinalaron que hai uns datos obxectivos, que son os que se extraen da adxudicación das axudas e da denegación dos proxectos. Así, Salomé Peña destacou que “as desconfianzas que tiña o PP sobre que era un plan a medida e que eran unhas bases que querían maquillar un reparto descarado son agora evidentes”.

    Segundo explicou, dos 52 concellos que se podían presentar a este plan, houbo 43 concellos que o fixeron. Dos doce concellos socialistas que presentaron proxecto, once deles recibiron financiamento para os seus proxectos e só un foi rexeitado. Para estes proxectos destináronse 8,8 dos 15 millóns que se repartiron a través deste plan, é dicir, o 60% do financiamento se repartiu entre concellos gobernados polo PSOE.

    Os concellos gobernados polo PP presentaron 22 proxectos en total. Deles, aprobaron as subvencións para 10 proxectos e rexeitaron os 12 restantes. Para 10 concellos do PP se adxudicaron 3,5 millóns de euros,o 23% do plan, “unha porcentaxe moi lonxe dese 60% que recibiron os concellos socialistas”, engadiu a deputada. No que respecta ao BNG, aprobáronse tres dos cinco proxectos presentados, e recibiron axudas por importe de 2,2 millóns de euros. “Estes datos nos demostran claramente que foi un plan feito á medida para o PSOE e para os concellos que gobernan”.

    Nesta liña, Ángel Moldes destacou que “desde o PP cremos que non houbo un criterio obxectivo á hora de excluír os proxectos, non houbo claridade á hora de  crear as bases, non houbo claridade á hora de descartar as propostas e, sobre todo, non houbo transparencia nin diálogo cos concellos nin á hora de facer a convocatoria nin de aclarar porque foron descartados os proxectos”. 

    Apuntou que o grupo provincial presentou ata dous escritos e pediron en varias comisións ter acceso aos expedientes, “e a día de hoxe aínda non foi posible. Nos marean de departamento en departamento, e ninguén nos quere amosar a documentación”.

    CUESTIONAN OS MOTIVO DE EXCLUSIÓNS

    O voceiro popular destacou, tamén, que hai alcaldes dispostos a levar este plan á fiscalía. Así, fixo referencia ás declaracións que realizaron esta semana os alcaldes de Vilanova de Arousa e Vila de Cruces, nas que cuestionaban os motivos polos que excluíron aos seus concellos do plan. Moldes sinalou que non son os únicos concellos que valoran presentar todo no xulgado, xa que hai outros alcaldes que están esperando a ter acceso a toda a documentación para valoralo.

    “Están sorprendidos porque os motivos das exclusións chaman moito a atención, exclúen a determinados concellos en base a uns criterios que si aceptan para outros”. Como exemplos, sinalou que  houbo concellos aos que se lle rexeitou o proxecto, a pesar de ter os terreos a disposición e un plan xeral aprobado, porque agora tamén se lles esixe un plan de usos para o lugar onde estaba previsto a actuación. “Sorpresa destes alcaldes cando empezan a analizar os proxectos aprobados e se dan conta de que hai concellos que reciben a subvención a pesar de non ter un plan xeral aprobado, polo que tampouco teñen un plan de usos, e tamén hai concellos que non presentaron toda a documentación que se lles está esixindo aos concellos descartados”.

    Outro dos exemplos, sinalou o voceiro popular, é que hai concellos aos que exclúen das bases por contar cun investimento provincial que quedou aprobado polo anterior goberno e outros, sen embargo, que a pesar de contar tamén cun proxecto herdado é premiado agora unha das máximas axudas desta convocatoria.

    Polo tanto, “entendemos que teñen que paralizar este proxecto, falar cos alcaldes e analizar de forma obxectivo todas as solicitudes para tratar a todos os concellos por igual, porque non pode ser que a uns alcaldes se lles esixa unhas cousas que  non se lles esixe ao resto