Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

Populares de Pontevedra

  • Alberto Pazos considera “unha magnífica noticia” que Portos de Galicia comece a tramitación para a mellora do peirao de Cesantes en Redondela

    • O deputado popular formulou unha pregunta hoxe na Comisión 8ª de Pesca no Parlamento para coñecer o futuro das instalacións portuarias 

     

    Santiago,  23 de novembro de 2017.- O deputado do PPdeG Alberto Pazos Couñago congratulouse hoxe da resposta do presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán Hermida, a unha pregunta parlamentaria na que indicou que a Xunta de Galicia xa dispón nos orzamentos para este 2018 dunha partida xenérica que podería cubrir o importe dos estudios previos necesarios para o estudio de impacto ambiental sobre o peirao de Cesantes, en Redondela.

    José Juan Durán indicou na Comisión 8ª, de Pesca, en resposta a unha pregunta do deputado popular, que no encontro celebrado coa confraría de pescadores de Cesantes, o Concello de Redondela e colectivos sociais, deuse conta das alternativas técnicas entre elas a que despertou maior consenso que é a demolición do último tramo do dique e a substitución do mesmo por un dique aboiante para abrigar as instalacións de pantaláns existentes.

    Este dique, segundo indicou o presidente de Portos, melloraría a dinámica litoral e a súa maior lonxitude serviría para dar mellor servizo as  embarcacións de pasaxe que se achegan á illa de San Simón. Tamén se deu conta das posibilidades que se abren en función de se o proxecto está supeditado ou non a tramitación ambiental. No caso de que non fóra necesaria a tramitación ambiental levaría un prazo aproximado de 15 meses, polo que estaríamos a situar o inicio da redacción do proxecto na primavera de 2019. No caso de que sí sexa sometido a tramitación ambiental e requira estudio de impacto os trámites dilataríanse  ata o segundo semestre do ano 2019.

    En ambos casos, indicou José Juan Durán, Portos de Galicia dispón nos orzamentos para o 2018 dunha partida xenérica que podería cubrir o importe dos estudios previos necesarios para presentar a medio Ambiente para que resolva se require ou non estudio de impacto ambiental. O presidente de Portos lembrou que o orzamento estimado para a execución da obra rondaría o 1,5 millóns de euros. 

    Alberto Pazos considerou “unha magnífica noticia” para que o porto e o seu entorno vexan mellorada a súa situación  e todo o seu contorno e animou ao presidente de Portos a continuar con esta liña de diálogo para abordar futuras melloras nas instalacións de Cesantes.