Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

Populares de Pontevedra

  • O PP de Pontevedra lémbralle a Lores que a solución para evitar o conflito dos crematorios pasaba pola elaboración dun novo PXOM

     A raíz da sentenza do TSXG feita pública onte,

    • O portavoz popular advertía xa no ano 2012 que a solución ao problema non era a modificación puntual do Plan Xeral. “Foi un parche, non unha solución definitiva”.
    • Esixe ao Goberno de Lores responsabilidade. “Pontevedra precisa un novo PXOM con urxencia”.

     

    Pontevedra 23, novembro, 2017.- O portavoz popular, Jacobo Moreira, lamenta “a xestión desastrosa do Goberno de Lores” en relación a instalación de fornos crematorios no municipio de Pontevedra.

    A raíz da sentenza feita pública no día de onte polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia en relación a este asunto, o edil popular lembra que “esta situación podería terse evitado se o Goberno local en vez de facer unha modificación puntual, fixese un novo Plan Xeral, tal e como lle pediu o Partido Popular no ano 2012”.

    Tal e como lle advertiu Jacobo Moreira en aquel entón “a solución para evitar problemas como este pasaría por un novo PXOM no que se contemplen este tipo de cuestións e que ata o momento permanece gardado no caixón”.

    “No seu momento xa advertimos que a modificación puntual do PXOM non era a vía adecuada, e que se trataba dun engano máis do Goberno de Lores aos veciños de Pontevedra en xeral e á Plataforma Crematorios Non en particular”, apuntou o edil popular, “a modificación puntual  foi un parche, non unha solución definitiva e por iso estamos agora nesta situación”.

    “O Goberno de Lores debe ser responsable, e deixar de negar o evidente: Pontevedra precisa un novo Plan Xeral con urxencia”, apuntou Jacobo Moreira, “Lores ten agora diante súa unha nova oportunidade para elaborar un novo PXOM”, sentenciou.