Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

Populares de Pontevedra

  • O PP de Pontevedra celebra a I Convención de Concelleiros coa participación de Pablo Casado

    Participarán os 392 concelleiros do PP na provincia.

    • Na clausura intervirá tamén o presidente provincial, Alfonso Rueda e a candidata do PP de Pontevedra, Ana Pastor.
    • Os concelleiros de Salceda de Caselas, Marín, Vigo e Vila de Cruces falarán sobre a organización e funcionamento dos concellos e despois abrirase unha quenda de debate. 

    Pontevedra, 12 de abril de 2016.- O sábado 28 de maio celébrase en Moraña a I Convención de Concelleiros, na que participarán ademais dos 392 edís populares de toda a provincia, o vicesecretario de Comunicación  do Partido Popular, Pablo Casado.

    A alcaldesa de Moraña e secretaria de Organización do PP de Pontevedra, Luisa Piñeiro será a encargada de dar a benvida aos asistentes e durante o acto intervirán ademais o voceiro do PP de Salceda de Caselas, Santiago Rodríguez Davila, Teresa Egerique, concelleira do PP de Vigo, María Sanmartín, concelleira en Marín, e Beatriz Iglesias, de Vila de Cruces, que falarán sobre a organización e o funcionamento dos concellos ademais de abordar novos retos da política municipal. Despois destas intervencións abrirase unha quenda de debate.

    Na clausura do acto participarán ademais de Pablo Casado, a candidata do PP de Pontevedra, Ana Pastor, e o presidente provincial, Alfonso Rueda.

    Esta convención de candidatos, aínda que estaba prevista antes da convocatoria de eleccións xerais, enmárcase como un dos actos centrais de precampaña do PP na provincia, e serve como antesala á Convivencia de Alcaldes e Voceiros que o PP vai celebrar tamén nos próximos días.