Nesta web as cookies son utilizados para fins estatísticos para optimizar a función e, así, proporcionar contidos adaptados aos seus intereses. Se preme "continuar" , concordas con estas condicións. Máis información.

Populares de Pontevedra

Populares de Pontevedra

  • O PP de POIO DENUNCIA QUE O BIPARTITO LEVANTOU 69 REPAROS DE INTERVENCIÓN EN 2016, UN 35% MÁIS CÓ ANO ANTERIOR

    • Segundo o informe dos técnicos do concello, durante o pasado exercicio o goberno local actuou en 69 ocasións contra o criterio da interventora, 18 máis que en 2015.
    • Entre as obxeccións do departamento de intervención ignoradas polo goberno de Sobral, cóntanse sospeitas de fraccionamento irregular de facturas e os xa habituais consabidos gastos sen consignación orzamentaria
    • O PP denuncia o uso destas prácticas que, en vez de parar «cada vez van a peor» e falan dun Bipartito unha forma de xestionar que «non atende ás leis nin aos criterios técnicos».

     

    Poio, 23 de novembro de 2017. O Partido Popular de Poio fixo públicos os datos esenciais do informe anual do departamento de intervención do concello de Poio que dá conta dos reparos realizados durante 2016 por este servizo e levantados posteriormente polo goberno local ou polo pleno: un total de 69, dos que a inmensa maioría, 64, foron levantados mediante decreto da Alcaldía.

    A concelleira do PP Rocío Cochón Castro lamentou a utilización masiva por parte do goberno local desta práctica, que debería ser excepcionalísima e, idealmente non usarse, e da que o goberno de Sobral tirou «69 veces nun ano, máis dun reparo levantado por semana», o que segundo a edil popular, denota unha forma de xestionar que non atende «á realidade de Poio, nin a un mínimo de previsión ou respecto aos requisitos legais».

    Cochón explicou que o PP pode chegar a entender algún reparo «porque sempre pode haber imprevistos», pero sesenta e nove «falan dun Bipartito que fai o que lle dá a gana contra a opinión dos funcionarios e contra o sentido común»

    «Con frecuencia os técnicos informan de que esta práctica ten que parar, e este goberno parece que cada vez vai a peor», explicou Cochón, que apuntou que as prácticas irregulares de xestión non se limitan ao levantamento de reparos, recordando que o Bipartito «deixa cada ano un millón de euros no caixón e ten o triplo de débeda que Vigo».

    Os reparos levantados polo Bipartito inclúen advertencias dos técnicos por facturas polos mesmos conceptos que superarían os importes fixados na Lei de Contratos do Sector Público e poderían incurrir nun fraccionamento irregular de facturas. Outros reparos son referidos facturas para os que non había crédito orzamentario no momento do gasto, unha práctica irregular e pola que os técnicos teñen advertido ao concello en innumerables ocasións.

    «En vez de atender os reparos e intentar cambiar a forma de xestionar e seguir as condicións legais que lles advirten os técnicos, as irregularidades van a máis», explicou Cochón, que indicou que se a cifra de 51 reparos levantados en 2015 xa era excesiva, «un aumento do 35% é a mostra de que este Bipartito xa non respecta nada e non atende xa non a oposición, senón aos propios funcionarios, a lei, os criterios técnicos e os principios básicos de xestión»

    RESPOSTA A CHELO BESADA

    Cochón quixo responder tamén ás declaracións de Chelo Besada sobre as oportunidades perdidas polo Bipartito durante esta lexislatura, como a Depuradora, as Beirarrúas na PO-308 ou Campelo, a ampliación de Anafáns e a última, a pérda dunha subvención de 1.500.000 euros da Deputación de cuxo goberno forma parte a propia tenente de alcalde de Poio.

    Cochón reprochou a Besada que fale dun suposto “boicot” do PP aos investimentos no concello cando «precisamente son as administracións do PP as que invisten e traballan en Poio sempre que non dependan do goberno local» e ironizou co feito de que Besada forme parte de ambos os gobernos, local e provincial: «Como pode falar de boicot se ela votou na Deputación en contra do investimento no campo de fútbol de Poio? Como pode falar de boicot se forma parte do goberno da Deputación que rexeitou a proposta de “dotacións singulares” do concello?»

    «Quen boicotea o progreso dos veciños de Poio e os investimentos no concello é precisamente o BNG e o PSOE», rematou Cochón: «E Chelo Besada o boicotea, se cabe, por partida dobre».